O BNG celebrou un acto político con motivo do desmantelamento do ensino público que está levando a cabo o goberno do PP

As políticas educativas do PP reforzan ao ensino privado e debilitan ao públicoNeste acto, celebrado o luns 14 de setembro, o BNG tentou desenmascarar á política do PP no ámbito educativo. Acompañando á nosa portavoz municipal Rosana Pérez Fernández, estivo Carme Adán, deputada no Parlamento Galego e responsábel da área de Educación do BNG. O título elexido foi o seguinte "Eliminación da gratuidade dos libros de texto e outros recortes. Desmantelamento do ensino público", que evidencia claramente cal era a nosa intención: denunciar a política educativa que está levando a cabo o PP beneficiando o ensino privado en detrimento do ensino público e das familias.

Carme Adán e Rosana Pérez durante o acto

Tamén expuxemos as iniciativas do BNG ao respecto da defensa dun ensino público de calidade. Informamos a todas as persoas presentes, entre as que se atopaban nais de alumnos-as e outros destacados membros da comunidade educativa municipal. Logo produciuse un debate intenso e interesante, con grande participación por parte dos asistentes, entre eles membros da Plataforma pola gratuidade dos libros de texto.

O obxectivo deste acto non foi só informar á cidadanía, senón tamén debater sobre o verdadeiro significado das medidas de austeridade que propón o actual goberno da Xunta e recoller as propostas que xurdan do debate para trasladalas aos nosos gobernantes.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]