O BNG reclama o necesario mantemento dos parques infantís do concello.
Os concelleiros xunto con Ana Rosa López denunciaron a situación diante dos medios de comunicación.
Reclamamos unha sinxela actuación que pode evitar accidentes lamentables.Hoxe Xosé Manuel Casal e Xosé Lois Piñeiro, concelleiros do BNG, xunto con Ana Rosa López, membro da asemblea local e que forma parte da candidatura ás eleccións municipais, achegáronse ao parque infantil de Venecia para denunciar o estado de deterioro no que se atopa. Reclamaron que o concello non debe deixar nunca que este tipo de instalacións cheguen a esta situación, polo risco que isto significa para a integridade física dos nenos e nenas.
Situación na que se atopa un dos xogos do parque.
O BNG non comprende como unha actuación tan simple como é o mantemento dos parques infantís e descoidada polo goberno local. Así como resulta sinxelo de solucionar, igualmente resulta perigoso polo risco que supón para as nenas e nenos do concello.
Para o BNG no goberno será prioritario manter en boas condicións todas aquelas instalacións e infraestruturas que están ao servizo dos máis novos, evitando na medida do posible calquera tipo de accidente.