Presentación da candidatura do BNG ás eleccións municipais

Rosana Pérez Fernández, candidata a alcaldía da Pobra.
Este sábado 19 de febreiro terá lugar o Acto Público de Presentación da Candidatura do BNG ás eleccións municipais, que se celebrará ás 21:00 horas no restaurante O Lagar. A candidata á alcaldía que presenta o BNG é Rosana Pérez Fernández, actual portavoz municipal e deputada provincial. Contaremos coa presenza de Guillerme Vázquez, portavoz nacional do BNG, así como a de outros cargos institucionais e orgánicos que transmitirán o seu apoio á nosa proposta.
Por suposto convidamos a todas as veciñas e veciños da Pobra a acompañarnos, queremos dar a coñecer a composición da nosa candidatura e aproveitar a oportunidade para comunicar cales son as nosas propostas para o pobo e explicar como gobernaremos o concello a partir de maio.