O BNG reclama o inmediato arranxo dunha varanda no lugar da Crocha

Tramo de rúa coa varanda caída

Hoxe ás cinco da tarde a concelleira e responsábel local Cristina Andrade, xunto co tamén concelleiro Xosé Lois Piñeiro, deron unha rolda de prensa no lugar da Crocha, para denunciar a situación de deterioro na que se atopa unha varanda de madeira. Fai tempo que as veciñas e veciños da Crocha veñen reclamando o seu arranxo, xa que a ausencia da estrutura dase nun tramo cun desnivel de máis de dous metros. A varanda actúa de "quitamedos" para os viandantes, sobre todo cando hai tráfico rodado, motivando así unha situación de perigo para as persoas que por alí pasan.

A veciñanza recurre unha vez máis ao BNG debido ao desleixo do PPPor outra banda, nesta situación a zona ofrece un aspecto de desleixo e abandono difícilmente xustificables. A obra de restauración é mínima, tanto en custe como en tempo de traballo, pero para o goberno do Partido Popular todo o que non sexa o centro do casco urbano non é prioritario, todo o demais pode e ten que esperar, moitos lugares da Pobra levan esperando anos.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]