Rosana Pérez solicitou o cambio de data do pleno para contribuir a facilitar o exercicio da folga o vindeiro día 27

A folga será o 27 de xaneiro e haberá unha manifestación en Ribeira, sairá ás 12:00 horas da praza do PeixeO Goberno do Estado ten anunciado que presentará a finais de xaneiro unha  reforma do sistema público de pensións. Entre outras modificacións, propón aumentar a idade legal de xubilación aos 67 anos e ampliar de 15 a 20 o número de anos de cálculo para a contía das pensións. Estas medidas súmanse á reforma laboral levada a cabo o pasado 2010, ao recorte dos 426 euros para todas aquelas persoas ás que se lle agote a prestación por desemprego e ademais, no noso país, á conxelación para 2011, por parte da Xunta de Galiza, da RISGA e das Axudas de Emerxencia Social, última esperanza de obter un ingreso para moitos galegos e galegas que carecen de calquera outro apoio.

Rosana Pérez solicitou o cambio de data do pleno.

Máis unha vez, Galiza será castigada especialmente por esta ofensiva antisocial xa que a pensión media dos galegos e galegas non chega aos 730 euros e o aumento da idade de xubilación suporá o bloqueo do acceso da mocidade ao mercado laboral incrementando o paro xuvenil que nestes momentos sitúase xa nun escandaloso 34,6%.

Este novo ataque aos dereitos das traballadoras e traballadores non ten precedentes nos últimos 40 anosNeste contexto, a Confederación Intersindical Galega (CIG) ven de convocar unha xornada de folga para o vindeiro xoves, 27 de xaneiro contra unha reforma totalmente inxusta e que afectará gravemente aos máis desprotexidos.

O BNG considera que este ataque aos dereitos dos traballadores e traballadoras, que non ten precedentes nos últimos 40 anos, require de respostas de rexeitamento e de mobilización e, en coherencia, apoia a convocatoria de folga xeral do día 27 por iso, ao coincidir coa data fixada para o Pleno ordinario do mes de xaneiro, solicita o cambio de data do mesmo para contribuír a facilitar o exercicio da folga a todos e todas aquelas que a queiran secundar.

Lembramos que terá lugar unha manifestación en Ribeira, o mesmo, xoves 27 de xaneiro, que sairá ás 12:00 horas da praza do Peixe.

Podes descargar o escrito presentado no concello

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]