O BNG convocou unha rolda de prensa para valorar a nova páxina web municipal.
A responsábel local Cristina Andrade acompañada na rolda de prensa polos concelleiros Xosé Manuel Casal e Xosé Lois Piñeiro
O BNG califica de escandaloso o uso da páxina web oficial do concelloO BNG entende que entre as funcións dunha páxina web oficial dun concello nunca debe estar a de facer un uso partidista en beneficio da forza política que nese momento goberne o municipio. Os obxectivos deben ser outros: manter informada á cidadanía da Pobra e servir como reclamo turístico, explicitando nela toda a información que precisa calquera que desexe achegarse ao noso pobo (qué ver, aloxamento, restauración, etc.).
A austeridade e aforro no gasto público que defenden insistentemente noutros asuntos parecen esquecela neste caso, xa que empregan cartos públicos para financiar a actividade política do seu partido, o Partido Popular.
O PP emprega cartos públicos para criticar ao BNGEsta actuación sirve unha vez máis para comprobar os valores democráticos de Isaac Maceiras e a formación política á que pertence: fai un uso pouco ético dunha ferramenta que debería estar exclusivamente ao servizo da cidadanía, e ademais limita a participación cidadá tan típica das páxinas webs dos concellos. O goberno popular aínda non chegou á web 2.0. Unha vez máis vai con retraso, como en todo o demáis (gardería municipal, centro de día, polígono industrial, etc.).
A partir de maio o BNG creará unha páxina auténticamente oficialComo non pode ser doutro xeito, o BNG comprométese a crear unha páxina web municipal auténticamente oficial a partir de maio, na que se ofreza información, se den servizos e se permita a interactividade, e na que sexa imposíbel atopar un uso partidista da mesma, para iso en todo caso dispoñemos xa desta páxina, que sería o que debería facer o PP: empregar unha propia, e non a de todas e todos nós.
Podes descargar dende aquí o voceiro que tanto lle incomoda ao Partido Popular, onde recollemos só unha parte, a máis importante, do traballo político do BNG nos últimos tempos a nivel municipal.