O deputado Fernando Branco explicou a postura do BNG sobre a fusión das caixas.

A iniciativa do BNG permiteu aprobar unha nova lei de caixasO venres 19 de febreiro estivo na Pobra Fernado Branco, deputado do BNG no Parlamento Galego e responsábel da área de Economía, Facenda e Orzamentos para explicar cal é a postura do BNG sobre a fusión das caixas, que non é outra que defender os intereses do país. Foi a iniciativa e o impulso do BNG o que permiteu aprobar no Parlamento Galego unha nova lei de Caixas, que garante a renovación dos órganos directivos e o control democrático da xestión das caixas a través da representación pública, facendo máis transparente a súa xestión, pero sobre todo permitirá poñer os aforros dos galegos e galegas ao servizo do país, favorecendo o noso desenvolvemento económico. Agora o goberno central tenta vetar esta lei, contradecindo a constitución e o estatuto galego.

Fernando Branco acompañado por Dores Torrado e Rosana Pérez Fernández

Fernando Branco argumentou que ao BNG non lle queda outra que apoiar a fusión das duas caixas galegas máis importantes. O escenario económico do estado, condicionado polo Fundo de Reestruturación Ordenada Bancaria e pola política do goberno central, promove a fusión de caixas de aforro, co obxectivo de fortalecelas fronte á crise. Neste contexto de fusió obrigada, o BNG só pode optar pola fusión entre as caixas galegas, para impedir que os centros de decisión marchen do noso país cara outras zonas do Estado Español.

A actuación do PSOE favorece aos intereses centraisO deputado criticou a actuación do PSOE en Galiza, a súa falta de autonomía fronte ao poder central e a falla dunha postura única, os localismos impiden que esta forza política adopte unha decisión de compromiso co futuro do país. Os que defenden os supostos intereses de Vigo e Caixanova, en realidade fanlle o xogo aos intereses que emanan de Madrid, os dos grandes monstros financeiros españois que teñen deseñada unha estratexia de absorción das caixas galegas. O deputado tamén afirmou que o aforro de Caixanova non é exclusico da cidade de Vigo, senón que moitos galegos e galegas doutras partes de Galiza teñen alí os seus aforros.

A fusión galega é a única garantía de que Galiza teña un sistema finaceiro propioO BNG defende unha fusión paritaria e equilibrada entre as duas caixas, sen vencedores nen vencidos. A fusión galega é a única garantía de que o País vaia manter un sistema financeiro propio. As posibilidades son duas: ou unha grande caixa galega ou duas sucursais de bancos con sede en Madrid. Ou se está con Galiza e a prol da fusión galega, ou se entregan as caixas á banca privada española.

Pódese descargar o díptico informativo sobre a fusión das caixas editado polo BNG.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]