As propostas do BNG para incluir no Fondo Estatal para o Emprego e a Sostibilidade Local (FEES)

O fondo estatal invertirá máis dun millón de euros no noso concelloPor mor da crise, o Goberno do Estado vén de aprobar, por segundo ano consecutivo, un fondo de 5.000 millóns de euros para o 2010: O Fondo Estatal para o Emprego e a Sostenibilidade Local (FEESL) que, unha vez distribuído, destina ao noso concello máis de un millón de euros. O FESL permite que a cantidade asignada a cada concello se divida en dúas partes: O 80% para inversión en obras novas, e o 20% restante para gasto corrente social xa contemplado no orzamento (no caso da Pobra, 859.150,40 euros e 214.787,60 euros, respectivamente).

Segundo isto, no noso termo municipal poderían ser moitas as necesidades a cubrir, en moitos casos actuacións e servizos longa e reiteradamente reclamadas pola cidadanía e que é de xustiza darlle resposta por parte da Administración Municipal. A este respecto, o Grupo Municipal do BNG considera que, sin perxuízo doutras igualmente necesarias, existen demandas sociais que levan moito tempo agardando, que se axustan  perfectamente aos criterios establecidos no FEESL  e que difícilmente se poderían atender doutro xeito. É o caso das que a continuación relacionamos, fundamentalmente dirixidas á mellora da calidade de vida dos nosos vecinos e veciñas:

Rolda de prensa onde presentamos a nosa proposta.

Incremento do número de traballadores/as do Servizo de Axuda a Domicilio (SAF) e de atención ás persoas en situación de dependencia, para poder facer fronte á lista de agarda e á importante demanda deste servizo na actualidade.

Remodelación da Praza da Treixadura e o seu contorno: Remate da urbanización, dotación de mobiliario urbano, reordenación do tráfico na zona, dotación dun parque biosaudábel, etc.

A remodelación da praza de Treixadura xa a reclamou o BNG outras vecesMellora integral do entorno e accesos á escola do Campo-Angustia: Mellora do asfaltado dos accesos, mellora das instalacións deportivas en equipamento e seguridade, etc.

Cuberta da pista polideportiva da Granxa-Santa Cruz, co obxecto de poder ser utilizada polos rapaces e rapazas da parroquia durante todo o ano.

Por todo o exposto, o Grupo Municipal do BNG, solicita que se inclúan dentro da solicitude para o FEESL as actuacións, dotacións e servizos mencionados.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]