Novas
O BNG de Antas publica un novo boletín
Un novo boletín do BNG de Antas xa está na rúa [+]
O goberno do PP aprobou a taxa seguinte para as solicitudes de incursión na legalidade de obras sen licencia construídas antes do 2003
O BNG considera que as taxas son abusivas. Consideramos que ao non se ter en conta nin os usos das construcións nin a renda media de Antas non poderá haber bonificacións nin exencións.
Denunciamos a falta de rigor no informe técnico económico que asina o goberno municipal ao omitirse datos fundamentais como é no número de vivendas afectadas. [+]
07/09/2011 O Grupo Municipal do BNG vai pedir explicacións polas actuacións que se están levando a cabo na finca que debía destinarse a Centro de Día
Xabier Doval preguntará durante o pleno de setembro polos obxectivos das actuacións que se levan a cabo na finca sita na Avenida de Lugo que debía estar destinada a Centro de Día.
A finca non está a nivel da rúa polo que alumnos dos obradoiros de emprego están a construír unha escalinata cuia función é motivo da pregunta. [+]
28/06/11 O BNG de Antas critica as abusivas dedicacións exclusivas aprobadas polo PP
O Bloque opúxese en Antas a que se asignara unha nova dedicación exclusiva a Concelleira Doris Sobrado e tamén a que establecera unha periodicidade superior as sesións plenarias pasando de ser bimestrales a trimestrales [+]
Comeza unha nova etapa para o grupo do BNG de Antas
Como cabeza visible do BNG de Antas asumo a responsabilidade dos resultados e estou a enteira disposición do grupo de persoas que conformamos o proxecto nacionalista para o noso Concello, para prestar o meu servizo no lugar que se entenda máis axeitado.
As miñas primeiras verbas despois do 22 de Maio, como voceiro deste grupo de galeguistas de Antas, teñen que ser de agradecemento para as 359 persoas que depositaron outra vez a súa confianza en Nós. Moitas grazas por compartir a nosa ilusión e o noso proxecto dunha nova Antas. [+]