O BNG de Antas solicita a dotación, reparación e reubicación de marquesiñas do transporte escolar

Antas a 27 de xaneiro de 2012:

É sabido que o grave problema de despoboación fai que a prestación de servizos esixa fortes esforzos a Admon local. Non é menos certo que hai veces, como esta que motiva a nosa proposta, na que é unicamente necesario poñer vontade e interese. Por poñer un exemplo: Se a Marquesiña que hai abandoada a carón da igrexa de Amoexa a reubicamos nalgún dos sitios nos que sí hai alumnos e carecen de protección para a choiva, estaremos dando un servizo, e  sen ter que facer un importante gasto.

A localización dos escolares, e as rutas do transporte non é unha foto fixa, está suxeita aos cambios lóxicos de cada curso. Polo tanto podemos atopar lugares nos que xurden novos usuarios e outros que desaparecen.

Achégolle, tal e como acordamos no Pleno do pasado día 29 de Decembro e co seu compromiso de actuación, unha relación, susceptible de mellora e ampliación por parte do Equipo de goberno, daquelas necesidades mais urxentes no ámbito escolar, externas ao propio CEIP, e  de competencia exclusivamente municipal.

1.- Dotación,reparación ou reubicación de marquesiñas nas seguintes paradas de transporte escolar.

             -   Antas de Ullla :1-Praza da Hermandade,2-Carretera de Rodeiro e 3-proximidades do cruce av/Pontevedra coa C/nova e Carretera de Vilasión

            -    Frádegas,Barreiro, Stª Mariña e Toande

            -    A Cervela e Dorra e Sanmartiño

            -    Outeiro de Donas, Vilanuñe, Amoexa, Timós, Fondevila, Parada de Casilmoure, parada de Velanxil e  O Cruceiro

2.- Señalización vertical

           +     De zona escolar, da rúa Miguel Anxo Branco.

           +     Cruzamento coa rúa Vilaboa-Carrizal con preferencia para Miguel Anxo Branco

3.Señalización horizontal

           *      Pasos de peóns fronte a entrada do Colexio e en ambos extremos do mesmo

           *      Delimitación zona autobuses escolares

O que poñemos no seu coñecemeto aos efectos de dar cumprimento ao seu compromiso adquirido no recente  Pleno Ordinario do 29 de Decembro do 2012.
                         En Antas de Ulla a 12 Xaneiro de 2012

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]