Xa cho dicía eu ...

Antas a 5 de novembro de 2011:

 

O DO CENTRO DE DÍA FOI UN CONTO

 

Sabido é que a promesa do PP de construír un centro de día converteuse en fume. Despois que a consellería de Traballo e Benestar anunciase que a nova política é a de adaptar os centros xa existentes, e se reúnen certas condicións acreditalos para prestar servizos de Centro de Día. TAL E COMO DEFENDEU SEMPRE O BNG DE ANTAS.

 

Era preciso mercar outra finca por compadreo? Precisábamos os veciños de Antas pagar 90.000 €, o triplo do seu valor, por unha parcela rústica, para a se tivo que aprobar un plan especial para dotacións e equipamentos? E é serio destinalo agora a xardín con estanque incluído?

 

AS CONTAS SONCHE OUTRO CONTO

 

O Ministerio de economía e facenda deixa de aboar as transferencias do Estado ao Concello de Antas pola non presentación de contas correspondentes ao exercicio anterior. Esta penalización é a primeira consecuencia seria dunha política económica que vimos denunciando desde o BNG de xeito reiterado, mesmo adoptando medidas de protesta como a permanencia de pé dos Concelleiros nacionalistas nos plenos nos puntos económicos.

 

Porqué temos que pagar todos os cidadáns de Antas o escaqueo do Sr Varela? Porqué non cola en facenda o conto de botarlle a culpa ao secretario? Que é o que se esconde realmente detrás da non presentación das contas? Non será, como dicía o BNG, que non se pode xustificar a máis que dubidosa disposición de fondos por centos de miles de Euros? O tempo dirá

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]