O BNG ao día xa está nas rúas de Ames

O BNG de Ames vén de publicar o seu boletín correspondente ao primeiro semestre de 2012 onde se fai un repaso da actualidade política no concello.

O xornal editado faise eco da Asemblea do BNG de Ames onde se renovou o consello local, elixindo a Alberte Souto como novo responsábel local, así como do abandono desta formación dos concelleiros elixidos nas listas do BNG ao concello de Ames, mais sen deixar a disposición do BNG as actas de concelleiros/as, polo que se considera que constitúe un acto de transfuguismo político en toda regra,

O BNG atesourou en Ames o apoio de máis de 2.000 persoas nas eleccións de 2011, polo que manterá a súa presenza políticaA recente perda de representación institucional non vai repercutir na mingua nin da actividade política do BNG nin moito menos na vontade de seguir defendendo os intereses.O BLOQUE NACIONALISTA GALEGO atesourou o apoio do máis de 2.000 persoas no concello de Ames en cada un dos últimos procesos electorais convocados en 2011. A similitude do respaldo electoral obtido tanto nas elección municipais como xerais, indican que unha parte representativa da poboación amesá dá soporte ao proxecto nacionalista que enarbora o BNG, o que nos anima a continuar mantendo activa a nosa organización para afianzármonos e mesmo seguir avanzándomos.

Tamén se recolle unha entrevista ao novo responsábel local, Alberte Souto, onde afirma que é unha "mágoa que persoas que pertencían até hai pouco ao BNG en Ames non entenderan que a pioridade primordial nestes momentos consiste en interesarse polos problemas da xente, e situasen nun primeiro plano as súas desavinzas internas", ao tempo que asevera que "agora en Ames, malia os últimos acontecementos, reiteramos que o BNG non está de paso senón que aniñou para ficar".

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • Boletin BNG Ames Abril 2012