O PP ante o cobro do lixo no rural: nin argumentos nin solucións
O Plataforma do Lixo mantén as súas actividades reivindicativas, co fin de que o Goberno do PP de Ames resolva a favor da xustiza e da legalidade, o cal non pode ser doutro xeito máis que revogando a decisión de pretender cobrar con efectos retroactivos a taxa do lixo aos veciños e veciñas do rural.
O BNG de Ames mantén a súa presenza activa en dita Plataforma e apoia todas as actuacións desenvoltas, animando ademais a continuar coa presenza reivindicativa nas rúas de Ames, xa que a lei e razón están do lado dos miles de afectados de Ames.
A Plataforma do Lixo deixa sen argumentos ao PP de AmesA postura do Alcalde de Ames, Sr. Amor, e do seu grupo de goberno cada día é máis insostíbel, ao desvendarse os débiles argumentos legais que esgrimían. A Plataforma do Lixo conta agora con informes solventes que desmontan a legalidade da actuación do concello de Ames, indicando que se están a vulnerar elementais dereitos tributarios co cobro retroactivo.
O BNG demanda ao Goberno do PP de Ames que deixe de facer apelacións á seguridade xurídica, pois foron eles cunha actuación irregular os primeiros en dar pasos en falso. Agora o único que cabe é resolver dando a razón aos veciños e veciñas, que presentaron miles de alegacións fundadas legalmente, e que o concello aínda non deu respostas.
O Goberno do PP ten que solucionar o problema que el mesmo creou dando a razón aos veciños e veciñas do ruralXa abonda de seguir mareando, tentando responsabilizar ás persoas afectadas e á Plataforma que os representa, e asumir que quen goberna, o PP de Ames, é quen ten que por unha solución satisfactoria sobre a mesa. Unha solución que só pode supor aceptar os argumentos da ampla maioría veciñal e regularizar o cobro do lixo exclusivamente a partires de 2012.