Jorquera e Aymerich en Ames: a banca pública é a alternativa ao rescate bancario

O BNG de Ames organizou o venres 8 de xuño un acto público na casa da cultura de Milladoiro, que contou coa presenza do deputado no Parlamento de Galiza Carlos Aymerich, e do candidato á Presidencia da Xunta de Galiza do BNG, Francisco Jorquera, que foron precedidos da intervención da vicerresponsábel local Isabel Vaquero, veciña do Milladoiro.

A Banca Pública Galega é a única fórmula da que dispomos para garantir a galeguidade do aforro galegoAo longo das intervencións, así como do animado coloquio posterior cos asistentes, alén de facer un repaso crítico ás políticas antisociais e regresivas aplicadas polo PP nos Gobernos galego e central, expuxeron que existe outra alternativa económica para saír da crise, centrada no apoio aos sectores produtivos, na xeración de emprego, e na garantía de servizos básicos da poboación como o ensino e a sanidade. Unha alternativa  radicalmente oposta á que executa o PP, que alén de impór sacrificios e recortar conquistas ás maiorías sociais, pretende hipotecar por décadas e xeracións a miles de galegos e galegas cun rescate indiscriminado á banca privada.

Francisco Jorquera, empregou a palestra para argumentar que a Banca Pública Galega é a día de hoxe "a única fórmula da que dispomos para garantir a galeguidade do aforro galego”, engadindo que "calquer pequeno ou mediano empresario sabe que non é o mesmo negociar un crédito aquí en Galiza que facelo en Madrid, ou xa non digamos Londres ou Berlín”.

Para o líder nacionalista, tal e como está a situación neste momento, "só hai dúas opcións: ou Novagaliciabanco acaba sendo absorbida pola Bankia fraudulentamente nacionalizada ou Novagaliciabanco se transforma nunha banca pública galega". Enfatizou que a actual nacionalización de Bankia é "unha intervención ruinosa para as cidadáns e os cidadáns: porque as perdas de Bankia pagarémolas todos cos nosos impostos. O que se privatizarán serán os beneficios”.

A Banca Pública Galega sería unha banca ética, que faría imposíbel un corralito como o das preferentesO candidato do BNG afirmou que a Banca Pública Galega "interesa á inmensa maioría da sociedade: aos traballadores e ás traballadoras, porque contribuirá a restaurar o crédito e impulsará a actividade económica, o que resultará na criación de postos de traballo. Do mesmo xeito interésalle aos pequenos e medianos empresarios, afogados por unha banca privada que non ve negocio na economía produtiva e que destina toda a súa liquidez aos circuitos especulativos. E finalmente, interésalle aos pequenos aforradores e aforradoras, pois sería unha banca ética, que faría imposíbel un corralito como o das preferentes”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]