O Partido Popular da Laracha mentiu sobre a posibilidade de concesión dunha farmacia para Paiosaco

align="justify">A resposta da Xunta á pregunta parlamentar formulada polo BNG sobre as previsións para a concesión dunha farmacia en Paiosaco, evidencian que o PP da Laracha mentiu cando comprometeu que esta farmacia sería unha realidade se o Sr. Feijoo era Presidente da Xunta de Galiza. O BNG formulou unha pregunta no Parlamento Galego, a través do Deputado Carlos Aymerich, á que os responsábeis da Xunta contestaron indicando o número de habitantes da parroquia de Lestón e limítrofes e do concello da Laracha, o número de farmacias existentes no noso concello, e as ratios de farmacias por habitante que establece a normativa, e que polo tanto non corresponde a concesión dunha nova farmacia.

 O BNG da Laracha presenta unha iniciativa contra os recortes no ensino público

align="justify">O Grupo Municipal do BNG da Laracha presentou, para o seu debate no próximo Pleno da Corporación, unha moción en contra do Real Decreto-lei 14/2012 na que instan á Xunta de Galiza non só a non aplicar a norma no noso país, senón tamén a presentar un recurso perante o Tribunal Constitucional. O texto redactado en Madrid supón unha invasión clara do marco competencial galego en materia educativa, nomeadamente no que ten a ver co horario do profesorado e a cobertura de baixas, asuntos en que a Consellaría de Educación ten atribucións exclusivas, ademais de supoñer un novo retroceso na calidade do ensino público, masificación de aulas, eliminación de postos de traballo...

 Iniciativa do BNG en defensa do mantemento do servizo de axuda no fogar

O Grupo Municipal do BNG da Laracha presenta unha iniciativa para defender o mantemento do servizo de axuda no fogar, ante a publicación dun decreto da Xunta de Galiza que retira a financiación para este servizo a todos os concellos de menos de 20.000 habitantes.

O BNG da Laracha celebrará a tradicional "Festa do Río" o sábado 14 de xullo

O BNG da Laracha celebrará a súa tradicional Festa do Río o sábado 14 de xullo, na Área Recreativa de Gabenlle. Reunirémonos nesta xornada festiva os militantes, simpatizantes e amigos do BNG da Laracha, e tamén compañeiros doutras localidades da comarca. Quen queira acopañarnos pode anotarse ata o 10 de xullo, no enderezo electrónico alaracha@bng-galiza.org, ou ben nos seguintes números de teléfono:651170764 (Mónica) e 686477390 (Carolina).  [...]

teletipos

  • O BNG da Laracha presentou unha iniciativa contra a reforma laboral do PP [...]

  • Francisco Jorquera, candidato á presidencia da Xunta polo BNG, informa na Feira da Paiosaco sobre a contrarreforma laboral do PP [...]

  • Iniciativa do BNG da Laracha en defensa da sanidade pública [...]

  • O BNG da Laracha propón a declaración do 24 de febreiro como "Día de Rosalía de Castro" no noso concello [...]

  • O PP da Laracha di que hai que arranxar a Praza do Xeneralísimo, que eles mesmos destrozan cos seus vehículos particulares [...]

  • O BNG da Laracha reclama o arranxo da estrada Comarcal 552 [...]

  • O BNG da Laracha oponse aos peores orzamentos municipais da historia [...]

  • O BNG presenta enmendas aos orzamentos da Xunta para investimentos básicos na Laracha [...]

  • PROXECTO ORZAMENTOS XUNTA DE GALIZA 2012: As promesas incumplidas do PP na Laracha [...]

  • O Partido Popular da Laracha aproba novas subidas de impostos [...]

  • O BNG da Laracha e Galiza Nova reivindican na Praza do Generalísimo da Laracha a eliminación da simboloxía franquista e a recuperación da memoria dos represaliados [...]

  • O Partido Popular sobe o prezo da auga, a recollida de lixo e outras taxas aos veciños da Laracha, mentras se opón a cobrarlle o imposto de patrimonio aos ricos [...]

  • O BNG da Laracha presenta unha iniciativa contra a subida do imposto de transmisións que pretende a Xunta do PP [...]

  • O BNG reclama que se oferten a totalidade das prazas do Centro de Día-Residencia da Laracha [...]

  • O BNG da Laracha esixirá ao Partido Popular que cumpra o seu compromiso de construír un novo edificio no Colexio Otero Pedrayo [...]

  • O GOBERNO MUNICIPAL DO PP COSTARANOS A TODAS AS LARACHESAS E TODOS OS LARACHESES 230.000 EUROS AO ANO [...]

  • Partido Popular: recortes nos servizos públicos e despilfarro en propaganda [...]

  • O BNG da Laracha demándalle á Xunta do PP que non recorte as axudas ao sector agro-gandeiro [...]

  • O BNG da Laracha pon en evidencia ao goberno municipal pola súa desastrosa xestión no asunto do Campo de fútbol de Caión [...]

  • A parálise absoluta da Xunta do P.P. na aplicación da Lei de Dependencia [...]

  • O BNG da Laracha presenta varias iniciativas para demandar melloras nos centros de ensino do noso concello [...]

  • O Partido Popular rexeitou as propostas do BNG para fomentar a creación de emprego no concello da Laracha [...]

  • O BNG reclama melloras sanitarias para A Laracha [...]

tele bng