Novas

  

O PP da Laracha di que hai que arranxar a Praza do Xeneralísimo, que eles mesmos destrozan cos seus vehículos particulares

Parece ser que o goberno municipal do PP da Laracha pretende abordar o arranxo da “Praza do Xeneralísimo Franco” da Laracha, á que seguen  a referirse como “Praza do Concello”, aínda que se negan a cambiarlle o seu verdadeiro nome incumprindo así a “Lei da Memoria Histórica”. Non é de extrañar o estado desta praza, coa maior parte das losetas deterioradas, cando a diario o Alcalde da Laracha e membros do goberno do Partido Popular entran cos seus vehículos particulares na mesma e permanecen estacionados alí. Unha continua entrada e saída de vehículos de membros do goberno, que evidentemente levan ao levantamento da maior parte das losetas.
 [+]


O BNG da Laracha reclama o arranxo da estrada Comarcal 552

O Grupo Municipal do BNG da Laracha presentou unha iniciativa mediante a que demanda o arranxo da estrada Comarcal 552 (A Coruña-Fisterra), ao seu paso polo noso termo municipal. O estado no que se atopa esta vía de comunicación fundamental para o noso concello é absolutamente lamentábel, e desde o BNG esiximos que se aborde de xeito prioritario o seu arranxo. [+]


O BNG demanda que a cita telefónica para o médico de cabeceira sexa atendida por persoas e non por unha máquina

O Grupo Municipal do BNG presentou unha iniciativa para ser debatida no próximo Pleno da Corporación, para demandar da Xunta de Galiza melloras na atención sanitaria no noso concello. O BNG insta á Xunta do PP a dar marcha atrás nas súas iniciativas privatizadoras e de recortes. Queremos que os veciños e veciñas da Laracha poidan pedir cita para o médico por teléfono, xa que desde a posta en marcha da "Central de Chamadas" para moita xente isto resulta imposíbel. Demandamos que volvan ser traballadoras e traballadores do Sergas os que atendan a cita previa, que se substitúa ao persoal do Centro de Saúde da Laracha e o Consultorio de Caión nas baixas, vacacións e permisos, e tamén que se dote ao Centro de Saúde da Laracha de consultas médicas e servizo de cita previa en horario de tarde, igual que todos os demais concellos de máis de 10.000 habitantes. [+]


O BNG pregunta á Xunta de Feijoo polos procesos abertos contra o Alcalde da Laracha e a Conselleira do Mar

O BNG presentou unha iniciativa no Parlamento Galego, mediante a que pide explicacións ao goberno galego dos procesos abertos contra o Alcalde da Laracha, o Patrón Maior da Confraría de Caión e a Conselleira do Mar. O Portavoz do Grupo Parlamentar do BNG, Carlos Aymerich, xunto co Portavoz Municipal na Laracha, Xoán M. Sande, presentaron en rolda de prensa esta iniciativa. [+]


O alcalde da Laracha segue sen dar explicacións das súas imputacións

O Sr. José Manuel López Varela, Alcalde da Laracha, continúa sen dar explicacións dos procesos xudiciais nos que está inmerso. Cada vez que o BNG pide explicacións con preguntas formuladas en Pleno, limítase a rexeitar a existencia de proceso algún e négase a dar explicacións destos procedementos que evidentemente existen. [+]


O BNG da Laracha oponse aos peores orzamentos municipais da historia

O concello da Laracha disporá no vindeiro ano 2012 de 900.000 euros menos que neste ano, pero manterase o gasto en propaganda, actos protocolarios, e soldos do goberno.

A redución drástica será no apartado de investimentos. [+]