Novas
Francisco Jorquera, candidato á presidencia da Xunta polo BNG, informa na Feira da Paiosaco sobre a contrarreforma laboral do PP
O candidato, acompañado polos deputados na Cámara galega, Carme Adán e Carlos Aymerich e militantes e cargos municipais da comarca, compareceu ante os medios de comunicación para valorar a campaña informativa do BNG que baixo o lema “Actuemos! é tempo de respostas” está a realizar en Galiza co fin de acadar a maior participación da cidadanía na Folga Xeral prevista para o vindeiro 29 de Marzo contra as consecuencias da Reforma Laboral. [+]
O BNG da Laracha presentou unha iniciativa contra a reforma laboral do PP
O Grupo Municipal do BNG da Laracha presentou unha iniciativa, que foi debatida na sesión plenaria do mércores 28 de marzo, mediante a que solicita do Pleno da Corporación o rexeitamento da reforma laboral aprobada polo goberno central do Partido Popular. [+]
O BNG reclamou no Pleno Municipal o mantemento da actividade industrial e dos empregos ameazados en ALCOA
O Grupo Municipal do BNG da Laracha presentou unha iniciativa de apoio aos traballadores de ALCOA. Demandou o BNG a adopción de iniciativas por parte dos gobernos central e autonómico para manter a actividade industrial e os empregos nesta empresa, na que traballan varios veciños do noso concello. O BNG revela que ALCOA tivo uns beneficios en 2011 de 611 millóns de dólares, máis do duplo que no 2010. O Partido Popular da Laracha votou en contra desta iniciativa. [+]
Iniciativa do BNG de cara ao Día Internacional das Mulleres
O Grupo Municipal do BNG da Laracha presenta unha iniciativa de cara ao próximo 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, mediante a que demanda da Corporación Municipal un compromiso para defender os dereitos das mulleres. Tamén amosa o BNG da Laracha o apoio á mobilización convocada por diversas organizacións feministas para o día 11 de marzo. [+]
Iniciativa do BNG da Laracha en defensa da sanidade pública
O BNG da Laracha propón a declaración do 24 de febreiro como "Día de Rosalía de Castro" no noso concello
O Grupo Municipal do BNG da Laracha presentou unha iniciativa mediante a que demanda unha serie de actuacións para poñer en valor a figura de Rosalía de Castro, a escritora máis representativa da lingua e a literatura galega. Entre outras cuestións, o BNG demanda a declaración do 24 de febreiro como Día de Rosalía no noso concello, ademais dalgunhas actuacións concretas para divulgar a súa obra. [+]