Novas

  

O BNG da Laracha celebrará a tradicional "Festa do Río" o sábado 14 de xullo

O BNG da Laracha celebrará a súa tradicional Festa do Río o sábado 14 de xullo, na Área Recreativa de Gabenlle. Reunirémonos nesta xornada festiva os militantes, simpatizantes e amigos do BNG da Laracha, e tamén compañeiros doutras localidades da comarca. Quen queira acopañarnos pode anotarse ata o 10 de xullo, no enderezo electrónico alaracha@bng-galiza.org, ou ben nos seguintes números de teléfono:651170764 (Mónica) e 686477390 (Carolina). [+]


O Partido Popular da Laracha mentiu sobre a posibilidade de concesión dunha farmacia para Paiosaco

A resposta da Xunta á pregunta parlamentar formulada polo BNG sobre as previsións para a concesión dunha farmacia en Paiosaco, evidencian que o PP da Laracha mentiu cando comprometeu que esta farmacia sería unha realidade se o Sr. Feijoo era Presidente da Xunta de Galiza. O BNG formulou unha pregunta no Parlamento Galego, a través do Deputado Carlos Aymerich, á que os responsábeis da Xunta contestaron indicando o número de habitantes da parroquia de Lestón e limítrofes e do concello da Laracha, o número de farmacias existentes no noso concello, e as ratios de farmacias por habitante que establece a normativa, e que polo tanto non corresponde a concesión dunha nova farmacia. [+]


O BNG da Laracha presenta unha iniciativa contra os recortes no ensino público

O Grupo Municipal do BNG da Laracha presentou, para o seu debate no próximo Pleno da Corporación, unha moción en contra do Real Decreto-lei 14/2012 na que instan á Xunta de Galiza non só a non aplicar a norma no noso país, senón tamén a presentar un recurso perante o Tribunal Constitucional. O texto redactado en Madrid supón unha invasión clara do marco competencial galego en materia educativa, nomeadamente no que ten a ver co horario do profesorado e a cobertura de baixas, asuntos en que a Consellaría de Educación ten atribucións exclusivas, ademais de supoñer un novo retroceso na calidade do ensino público, masificación de aulas, eliminación de postos de traballo... [+]


Iniciativa do BNG en defensa do mantemento do servizo de axuda no fogar

O Grupo Municipal do BNG da Laracha presenta unha iniciativa para defender o mantemento do servizo de axuda no fogar, ante a publicación dun decreto da Xunta de Galiza que retira a financiación para este servizo a todos os concellos de menos de 20.000 habitantes. [+]


As promesas incumpridas do Partido Popular da Laracha

Que o Partido Popular incumpre sistemáticamente as súas promesas electorais xa non debe sorprender a ninguén. Xa o temos denunciado en máis ocasións desde o BNG, pretenden enganar continuamente á veciñanza e comprométense en cada proceso electoral a que no próximo periodo van facer aquelo que non fixeron antes e que saben que non farán tampouco despois. As últimas declaracións do Sr. Alcalde volven a poñelo en evidencia, cando admite que a Xunta do PP rexeitou o proxecto do concello para a estrada comarcal 552, e o único que se comprometen a facer é renovar a pavimentación desta estrada (que boa falla fai). E o Sr. López Varela acata con resignación cristiana a decisión dos gobernantes da Xunta do seu partido, esquecendo as críticas que fixera ao bipartito e as promesas feitas por el mesmo e o Partido Popular da Laracha nas eleccións autonómicas de hai 3 anos. O mesmo podemos decir con respecto á farmacia de Paiosaco, outra promesa electoral incumprida.
 [+]


O BNG leva ao Parlamento Galego a demanda dunha farmacia para Paiosaco

O Grupo Parlamentar do BNG presentou diversas iniciativas no Parlamento Galego, mediante as que demanda que dunha vez por todas se atenda a petición da veciñanza de Paiosaco de permitir a instalación dunha farmacia. O Deputado Carlos Aymerich presentou unha batería de iniciativas demandando este necesario servizo para o segundo núcleo de poboación do concello da Laracha. [+]