Arnela nº 9 (segunda época) Boletín especial eleccións municipais 2011
O BNG editou un número especial da Arnela para estas eleccións municipais 2011. Nel debullamos as liñas básicas do noso programa de goberno e presentamos a nosa candidatura para as próximas eleccións municipais, unha candidatura que combina a experiencia coa renovación e na que están representadas case a totalidade das parroquias e dos sectores socio-económicos do noso concello. Xa podedes descargar este número especial da Arnela.
Pdes descargalo en PDF ou velo na web clicando aquí [+]
Especial "Lei de augas do PP"
A Lei de Augas de aprobouse no Parlamento Galego o 26 de outubro de 2010 cos únicos votos favorábeis do PP, e entrou en vigor o 18 de decembro.
A Xunta ten 6 meses para aprobar o regulamento da Lei, non empezará a cobrarse até despois das eleccións municipais.
• Cámbialle o nome ao Canon de Saneamento, que pasa a chamarse Canon da Auga, e crea o Coeficiente de Verquido.
• A Xunta non mellorará a calidade da nosa auga e non se fará cargo do mantemento das traídas e pozos particulares. É unha lei exclusivamente recadadora. O PP aprobou esta lei para recadar máis cartos.
Informate sobre esta lei do PP descargando esta folla espoecial en PDF ou miraa na web picando aquí [+]
Especial "Lei de Comercio do PP"
O pasado mes de decembro foi aprobada no Parlamento de Galiza a nova Lei de Comercio. Esta lei é un proxecto iniciado polo BNG na época do goberno bipartito, pero que logo do cambio de goberno os Populares se encargaron de converter nun texto “descafeinado”, un panfleto propagandístico que non resolve ningún problema, baleiro de contido, carente de medidas específicas, que non ordea o sector do comercio, que renuncia a racionalizar a implantación de grandes superficies comerciais e que non se pon do lado de quen crea País, senón de quen o destrúe nestes momentos de crise económica.
O BNG da Laracha quere expresar unha vez mais o seu firme compromiso con este sector, e así o reflexa no seu programa de goberno, no apartado de desenvolvemento local e promocion de emprego onde nos marcamos como meta fundamental e inenludible Dinamizar o comercio local, coa posta en marcha de campañas específicas e impulsar a creación dun Centro Comercial Aberto convidando e animando aos propios comerciantes a traballar conxuntamente co equipo de goberno para entre todos acadar os obxetivos marcados e facendo do noso concello un lugar de referencia no sector servizos.
Nesta "arnela" especial podes ver como o PP da Laracha pretende implantar esta norma. Podes descargala en PDF ou vela na web picando aquí
NO COMERCIO DA LARACHA,
Arnela nº8 (2ª época)
O actual portavoz do Grupo Municipal e deputado provincial, Xoán Manuel Sande Muñiz, foi a persoa elixida pola Asemblea Local do BNG da Laracha como candidato á alcaldía nas vindeiras eleccións municipais, que terán lugar este próximo mes de maio.
Neste novo número da "Arnela" poderás coñecer máis en profundidade as nosas propostas así como ás persoas que acompañan a Xoán no tramo alto da candidatura do BNG: Carolina Castiñeiras, Mónica Castro, Alfredo Bocija e Óscar Calvo.
Descargao en pdf picando no arquivo anexo ou mirao na web neste enlace: http://es.calameo.com/read/0000177328a5ba5c4bb9e [+]
Arnela nº 7 (2ª época)
Mentras o Partido Popular recurta dereitos sociais básicos, desde o BNG da Laracha preocupámonos por defender iniciativas que palíen os efectos da crise (sobre todo para as persoas con maiores dificuldades).
Mentras o Partido Popular despilfarra en publicidade e propaganda, o BNG, desde a Deputación (ou desde onde teña capacidade para facelo), inviste no noso concello.
Mentras o Alcalde permanece calado ante a decisión da Xunta de masificar as aulas no Instituto Agra de Leborís ou a nova Lei de Augas de Nuñez Feijoo, o BNG da Laracha ponse ao carón dos afectados.
Mentras o Partido Popular privatiza e liquida a sanidade pública o BNG manifestase en defensa duns servizos galegos públicos e de calidade.
Todo isto e máis podes lelo no novo número da nosa "Arnela" [+]
Arnela especial sobre a "ordenanza cívica"
Neste número especial da Arnela o BNG informa sobre a "ordenanza cívica" que o goberno municipal do PP pretende aprobar para recortar os dereitos da cidadanía a expresarse na rúa sen autorización municipal. Algo especialmente útil en periodo electoral. [+]
Arnela número especial Caión
Neste número especial da Arnela o BNG informa da iniciativa presentada para demandar un novo centro de saúde para Caión, e do voto negativo do Partido Popular que rexeitou deste xeito instar á Xunta de Galiza a abordar de xeito inmediato a construción deste novo centro tan necesario para as veciñas e os veciños de Caión. [+]
Arnela nº 6 (2ª época)
Nesta "Arnela" preséntanse os novos responsábeis do BNG, tanto a nivel local (Fernando Gesto) como a nivel Nacional (Guillerme Vázquez).
Por outra banda faise un repaso da involución que está a supoñer o goberno do PP na Xunta, con especial atención ao deterioro que as políticas da nova Xunta está a ter na nosa Localidade.
Mentras tanto o BNG segue a loitar, desde a Deputación, pero tamén desde a rúa para mellorar o noso Concello. [+]
Arnela nº 5 (2ª Época)
Nesta nova "Arnela" publicada con motivo das vindeiras eleccións autonómicas encontraremos entrevistas co Candidato do BNG á Presidencia da Xunta, Anxo Quintana; coa número 2 pola provincia da Coruña Ana Pontón (que iniciou a súa precampaña cun acto na Laracha) e co Candidato do BNG pola comarca Xosé Regueira, nado na Laracha.
Ademáis desglosamos a parte fundamental do Programa eleitoral do BNG de cara aos vindeiros comicios. [+]
Arnela nº 4 (2ª Época)
Posta en funcionameto da Galescola; Gastos do PP no 2007... [+]
Arnela nº 3 (2ª Época)
Entrada do Concello da Laracha no Consorcio da Vicepresidencia (non era sen tempo); transporte comarcal; vivenda... [+]
Arnela nº 2 (2ª Época)
Presentación da candidatura completa do BNG para as eleccións de 2007, e das principais propostas programáticas [+]
Arnela nº 1 (2ª Época)
Neste boletín presentamos ás principais candidatas e candidatos ás eleccións municipais do ano 2007 [+]
Iniciativa do BNG da Laracha en defensa do ensino público
O Grupo Municipal do BNG da Laracha presenta unha moción en defensa do ensino público, e contra os recortes do novo decreto aprobado polo goberno de Rajoy, que, ademais de seguir degradando a calidade do ensino público, supón unha clara invasión das competencias da Xunta de Galiza. [+]
Moción do BNG en favor da Autovía da Costa da Morte
O Grupo Municipal do BNG esixe o compromiso da Xunta de Galiza para rematar no prazo comprometido as obras da Autovía da Costa da Morte, e que esta infraestrutura sexa sempre libre de peaxe (non como fixo o PP no caso da Autovía A Coruña-Carballo, impoñendo unha inxusta peaxe cando a maior parte das obras fora financiada con diñeiro público) [+]
Moción do BNG a favor do mantemento do Servizo de Axuda no Fogar
O Grupo Municipal do BNG presentou una iniciativa mediante a que defende o mantemento do Servizo de Axuda no Fogar, e rexeita o decreto da Xunta do PP que retira as axudas aos concellos de menos de 20.000 habitantes (como é o caso da Laracha) para este servizo. [+]
Iniciativa do BNG en defensa dos postos de traballo de ALCOA
O Grupo Municipal do BNG presentou unha moción en apoio aos traballadores de ALCOA, rexeitando o ERE inxustificado aprobado pola empresa, e que afecta a varias familias do noso concello. [+]
Moción en demanda de accións para divulgar a obra de Rosalía de Castro
O Grupo Municipal do BNG presenta unha iniciativa mediante a que demanda unha serie de actuacións para divulgar a obra de Rosalía de Castro no noso concello, e declarar o día 24 de febreiro como "Día de Rosalía de Castro". [+]
Moción en defensa da sanidade pública
O BNG da Laracha presenta unha moción de apoio á Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que promove a Plataforma SOS Sanidade Pública. [+]
Moción para solicitar o arranxo da estrada comarcal 552
O Grupo Municipal do BNG da Laracha presentou unha moción mediante a que solicita o arranxo da estrada comarcal 552 (A Coruña-Fisterra), ao seu paso polo noso termo municipal. [+]
Moción do BNG mediante a que demandamos que a cita telefónica para o médico de cabeceira sexa atendida por persoas e non unha máquina
O BNG da Laracha presentou unha moción mediante a que reclama melloras na atención sanitaria no noso concello. Demanda o BNG que a Xunta do PP dé marcha atrás nas súas iniciativas privatizadoras e nos recortes que afectan á sanidade pública. Reclamamos que se retire a "Central de Chamadas" e que a cita previa telefónica sexa atendida por traballadoras e traballadores do Sergas, e non unha máquina. Tamén demandamos a substitución do persoal dos centros de saúde en vacacións, baixas e permisos, e a dotación de consultas médicas e servizo de cita previa en horario de tarde no Centro de Saúde da Laracha. [+]
Moción contra a suba do IBI aprobada polo goberno central de Rajoy
O BNG da Laracha presenta unha iniciativa mediante a que rexeita a subida do IBI aprobada polo Partido Popular no goberno central, e demanda outro modelo de financiamento para os concellos. [+]
Moción para mellorar o financiamento dos concellos
O Grupo Municipal do BNG da Laracha presenta unha moción para mellorar o financiamento dos concellos. Demanda que se apraza a devolución da débeda co estado, e que se aprobe un novo modelo de financiamento local máis xusto cos concellos galego, que teña en conta criterios como o avellentamento e a dispresión da poboación, que encarecen a prestación de servizos. [+]
Moción contra a suba encuberta do imposto de transmisións patrimoniais
O Grupo Municipal do BNG presentou unha iniciativa para rexeitar a suba encuberta de impostos aprobada pola Xunta do PP. [+]
Moción mediante a que o BNG da Laracha demanda a adopción de medidas para poñer freo ao cobro de comisións bancarias abusivas
O Grupo Municipal do BNG da Laracha presentou unha iniciativa mediante a que demanda a adopción de medidas, por parte do goberno central e da Xunta de Galiza, para poñer freo ao cobro de comisións abusivas por parte das entidades bancarias. [+]
Moción na que o BNG reclama que se oferten todas as prazas do Centro de Día-Residencia da Laracha
O BNG da Laracha presenta unha iniciativa para demandar que se oferten todas as prazas do Centro de Día da Laracha, xa que o Partido Popular reduce á metade a súa capacidade. [+]
Moción para demandar a construción dun novo edificio no Colexio Otero Pedrayo
O Grupo Municipal do BNG da Laracha presentou unha moción na que reclama a construción dun novo edificio para as aulas de infantil no Colexio Otero Pedrayo, así como a cobertura das pistas deportivas e a adopción de medidas de seguridade no edificio vello. [+]
Moción para declarar A Laracha zona desnuclearizada
Mocion presentada o 17 de marzo de 2011, demandando a declaración da Laracha zona desnuclearizada. [+]
Moción na que se demanda da Xunta que non recorte nas axudas ao sector agro-gandeiro
O Grupo Municipal do BNG presentou unha iniciativa reclamando que o Partido Popular no goberno da Xunta de Galiza dé marcha atrás nos recortes que está aplicando nas axudas ao sector agrogandeiro. [+]
Moción na que o Grupo Municipal do BNG demanda medidas para avanzarmos cara a igualdade entre homes e mulleres
O BNG da Laracha presenta unha iniciativa para avanzar na igualdade entre homes e mulleres, na que se demanda maior implicación por parte do goberno municipal e que o Partido Popular desde a Xunta non continúe coa súa política regresiva en materia de igualdade. [+]
Moción contra os recortes sociais da Xunta de Galiza e Goberno do Estado
O BNG da Laracha presenta unha moción contra os recortes sociais que están a aplicar o Partido Popular desde o Goberno da Xunta e o PSOE desde o Goberno Central. [+]
Moción para demandar máis orzamento para políticas sociais
O Grupo Municipal do BNG presentou unha moción na que solicitamos que a Xunta manteña para o 2011 as partidas adicadas a política social, e que o concello incremente as súas partidas sociais tamén para o vindeiro ano 2011. [+]
Moción en defensa da sanidade pública
O Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha presentou unha moción en defensa da sanidade pública. [+]
Moción demandando a cobertura de profesorado no Instituto Agra de Leborís
O Grupo Municipal do BNG presentou unha iniciativa para que o Pleno da Corporación inste á Xunta de Galiza á cobertura do profesorado necesario no IES Agra de Leborís para que se manteñan as 4 unidades de 1º e 2º da ESO. [+]
Moción solicitando melloras no Colexio Otero Pedrayo da Laracha
O Grupo Municipal do BNG da Laracha presentou, a través da concelleira Mónica Castro Nogareda, unha moción pola que solicita melloras no Colexio Otero Pedrayo da Laracha. A cobertura das pistas deportivas (demanda histórica), e a necesidade dun novo edificio para as aulas de infantil son as melloras que o BNG demanda a través desta iniciativa, do mesmo xeito que tamén se presentaron emendas aos orzamentos da Xunta deste ano ao respecto e se presentarán tamén aos orzamentos de 2011. [+]
Moción instando ao goberno municipal a utilizar a contratación como instrumento contra a exclusión social
O Grupo Municipal do BNG da Laracha presentou unha iniciativa na que demanda a inclusión das chamadas "cláusulas sociais" na contratación pública, de xeito que se utilicen as contratacións do concello como instrumento para loitar contra a exclusión social. [+]
Moción en defensa dos servizos sociais públicos
O BNG da Laracha presentou unha iniciativa en defensa dos servizos sociais públicos, e contra a privatización que está a levar a cabo o goberno de Feijoo. [+]
Moción pola que se solicita a retirada do "Proxecto de Lei de Augas"
o Grupo Municipal do BNG da Laracha presentou unha moción mediante a que solicita a retirada do novo "Proxecto de Lei de Augas de Galiza" presentado polo goberno de Nuñez Feijoo, e polo que pretenden aumentarnos exponencialmente o recibo da auga a todas e todos. [+]
Moción pola que se solicitan melloras na estrada comarcal 552
O Grupo Municipal do BNG da Laracha presentou unha moción para instar á Xunta de Galiza a acometer melloras na estrada comarcal 552 (A Coruña-Fisterra). Demandamos unha mellora do firme, que se atopa nun estado lamentábel en moitos tramos, ademais de actuacións para mellorar a seguridade viaria en varios puntos negros (As Rañeiras en Lestón, O Cancelo e O Regado en Cabovilaño), e finalmente que se estude a viabilidade de circunvalacións para os núcleos de Paiosaco e A Laracha. [+]
Moción de apoio ás explotacións gandeiras
O Grupo Municipal do BNG da Laracha vén de presentar unha iniciativa de apoio ás explotacións gandeiras, na que demandamos axudas directas ao sector por parte da Xunta, tamén instamos ao Goberno Central a que o decreto que regula as axudas da PAC non perxudique ás explotacións da comarca de Bergantiños e por tanto tamén da Laracha, e asímesmo demandamos a creación dun Fondo Lácteo por parte da Xunta de Galiza e o Estado. [+]
Moción para demandar da Xunta de Galiza medidas contra o paro
O Grupo Municipal do BNG presentou unha moción, na que se insta á Xunta de Galiza a adoptar unha serie de medidas en favor de reactivar a economía e reducir o desemprego. Despois dun ano de goberno de Feijoo, o que está a facer a Xunta é desfacer o feito, e destruír emprego (case 30.000 parados máis), mais non se lle coñece ningunha medida en positivo. Por iso, o BNG da Laracha presentou a seguinte moción para debatir no Pleno da Corporación: [+]
Moción para rexeitar a proposta do goberno central de adiar a idade de xubilación ata os 67 anos
O BNG da Laracha presenta unha moción na que demanda a posición do Pleno da Corporación rexeitando a proposta do goberno central de adiar a idade de xubilación ata os 67 anos. [+]
Moción para o mantemento das oficinas I+B e dos programas que desenvolven actualmente en materia de inclusión social, familia e menores
Moción por un modelo fiscal progresivo, e de rexeitamento á subida do IVE
O Grupo Municipal do BNG da Laracha presentou unha moción para demandar un modelo fiscal progresivo e rexeitando a subida do IVE que propón o goberno do Estado. [+]
Moción relativa aos criterios para a distribución do novo Fondo Estatal de Investimento Local para o ano 2010
O Grupo Municipal do BNG presentou unha moción, solicitando que se teñan en conta os criterios de dispersión e envellentamento da poboación, á hora de establecer o reparto do novo FEIL para o ano 2010. [+]
Moción pola retirada da simboloxía franquista no concello da Laracha
O Grupo Municipal do BNG da Laracha presentou unha moción reclamando a retirada da simboloxía franquista do concello da Laracha, nomeadamente da "Praza do Generalísimo Franco" na Laracha e da "Rúa Carrero Blanco" e as súas travesías en Caión. [+]
Moción reclamando unha mellora no financiamento dos concellos
O Grupo Municipal do BNG da Laracha presentou unha moción, solicitando a adopción de medidas tanto por parte da Xunta de Galiza como do goberno do estado, para mellorar substancialmente o financiamento dos concellos, nun contexto de crise económica que está afectando gravemente ás entidades locais. [+]
Moción sobre os problemas no colexio da Laracha no inicio do curso
O BNG da Laracha presentou unha iniciativa, demandando unha solución para os problemas que se teñen producido no inicio do novo curso. A política privatizadora e de recurtes no ensino público do Partido Popular tamén está a ocasionar problemas no colexio da Laracha, onde se reduciron profesores de apoio, falta profesor para unha clase de Primeiro e ademáis 27 rapaces e rapazas quedaron sen praza no comedor. [+]
Moción sobre o bono social da tarifa eléctrica
O Grupo Municipal do BNG presentou unha moción, demandando que se informe e se faciliten as xestións aos posibles usuarios do bono social da tarifa eléctrica. [+]
Contra a simboloxía franquista na Laracha
Podedes descargar aquí o prego de recollida de sinaturas. O BNG está a levar a cabo unha campaña pola eliminación da simboloxía franquista na Laracha, aquí podedes descargar o prego e apoiar así esta campaña. Vai sendo hora de que no noso concello se cumpra a "Lei da Memoria Histórica". Semella que o Partido Popular pretende que A Laracha sexa un dos últimos redutos do franquismo. [+]
MOCIÓN PARA DOTAR Á COSTA DA MORTE DUN HELICÓPTERO DE SALVAMENTO MARÍTIMO
O goberno do Partido Popular vén de manifestar a súa intención de anular a consignación orzamentaria e a tramitación administrativa iniciada na pasada lexislatura, encamiñada a dotar á Costa da Morte dun helicóptero de salvamento marítimo coas correspondentes infraestruturas a situar en Lires-Cee.
O motivo ten que ver coa mentira habitual do PP sobre a falta de recursos na Xunta de Galiza baseándose nun falso concepto de austeridade, para transmitir unha imaxe de precariedade, para que, en pouco tempo, aparezan todos os recursos necesarios ‘grazas a súa inexistente xestión’. [+]
Moción polo mantemento da gratuidade dos libros de texto
Consideramos inaceptábel a supresión da gratuidade universal dos libros de texto, anunciada polo conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, na sesión do Consello Escolar de Galiza do 18 de xuño, admitidas tamén polo presidente da Xunta de Galiza. Esta proposta de recorte, xunto con outras que a Consellaría de Educación está levando adiante nestes primeiros meses do seu mandato, supón unha medida regresiva que atenta ao carácter público e gratuíto do ensino, e evidencia unha vez máis a política neglixente que este goberno está a levar a cabo. [+]
Moción de rexeitamento do ERE da empresa CARAMELO
En decembro de
O pasado día 8 de maio, a direción da empresa formalizou a presentación dun ERE que contempla o despedimento de 237 traballadores e traballadoras no centro de produción que a empresa ten na Coruña e a desregularización das actuais condicións laborais do plantel restante a través da flexibilidade horaria e da mobilidade funcional.
Moción por un Plan de Accesibilidade Universal
Mediante este Plano, avaliaráse o alcance de BARREIRAS FÍSICAS: NO URBANISMO, NA EDIFICACIÓN, NO TRANSPORTE E NA COMUNICACIÓN E A INFORMACIÓN, que existen en espazos e itinerarios e definiranse as accións necesarias para adaptalo, priorizando, valorizando e propoñendo planos e fases de execución. O proceso deberá encamiñarse á adaptación progresiva do municipio na sua totalidade [+]
Moción para a reformulación do espectro radioeléctrico.
Moción sobre a lingua galega no 17 de maio de 2009
Resulta evidente que o proceso de normalización de usos do galego foi lento e, até hoxe, insuficiente para garantir o dereito a vivir na nosa lingua. O respecto á legalidade vixente (Estatuto e Lei de Normalización Lingüística) e a implementación de cambios legais na dirección da igualdade e da convivencia semellan non ir na direccion daqueles que aínda poñen proa ao dereito fundamental para que o galego goce no seu territorio do mesmo status legal que o castelán no seu. [+]
Moción 8 de marzo, día internacional da Muller
O 8 de marzo, a conmemoración do Día Internacional das Mulleres, é unha data que as organizacións sociais comprometidas na defensa dos dereitos das mulleres, lembran cada ano para procurar marcar un paso adiante neste camiño. [+]
Moción sobre a dignificación do recibo de axudas do Concello
Moción sobre a violencia machista
Moción contra a Directiva Europea que pretende aumentar o tempo de traballo ate as 65 horas semanais
Moción para homenaxear e recuperar a memoria de Ramiro Suárez (alcalde da Laracha durante a República) e da súa Corporación Municipal
Moción para instar a compensar aos concellos pola perda do Imposto de Bens Inmobles (IBI)
Moción de apoio ao sector do viño de Galiza
Moción para a construción de beirarúas e aparcamentos no entorno do CEIP Otero Pedrayo
Moción para a retirada dos símbolos franquistas do Concello da Laracha
Moción para a eliminación das barreiras arquitectónicas no Concello
Moción de apoio ao Pobo Saharaui
Moción para a mellora do servizo de Correos
Moción para a Mellora do Transporte público en Bergantiños
O BNG solicita melloras no lugar da Fieira, en Montemaior
O Grupo Municipal do BNG presentou un rogo mediante o que solicita que se mellore o vial no lugar da Fieira, en Montemaior, e que se dote de recollida de pluviais. [+]
O BNG demanda unha sinalización axeitada para os lugares de Cercido e Revirente
O BNG presentou un rogo demandando do goberno municipal que se instale unha sinalización axeitada para os lugares de Cercido e Revirente. [+]
O BNG denuncia un verquido de escombros nunha pista da "Gándara", en Torás
O Grupo Municipal do BNG denunciou a existencia dun verquido de escombros nunha pista no lugar da Gándara, en Torás, e reclamou a adopción de medidas para a súa eliminación. [+]
O BNG da Laracha solicitou melloras para a rúa Rosalía de Castro e o entorno do Instituto
O Grupo Municipal do BNG demandou unha actuación na zona da rúa Rosalía de Castro da Laracha, e o entorno do Instituto Agra de Leborís, de xeito que se facilite a circulación nesta zona que actualmente é caótica, e sobre todo para o acceso dos autobuses ao instituto. [+]
Solicitude de arranxo da pista que vai do lugar do Casal, en Coiro, a Compañeiro, en Soandres
O BNG presentou un rogo, mediante o que solicita que se arranxe a pista que une o lugar do Cäsal (en Coiro) con Compañeiro (en Soandres). [+]
Rogo solicitando medidas de seguranza vial en Paiosaco e un semáforo de pulsador no cruce das "Rañeiras"
A Concelleira do BNG Carolina Castiñeiras presentou un rogo, para o vindeiro Pleno ordinario, solicitando medidas de seguranza vial en Paiosaco, e a instalación dun semáforo de pulsador, para que poidan cruzar os peóns, no cruce das Rañeiras (na estrada que vai para o Igrexario).qUE [+]
Rogo solicitando a non exclusión das asociacións de veciños das subvencións, e a creación do Cosello Municipal de Cultura
O BNG da Laracha presentou un ROGO, demandando do goberno municipal que non se discrimine ás asociacións de veciños do noso municipio excluíndoas das convocatorias de subvencións, e instando tamén ao goberno municipal do P.P. a crear o Consello Municipal de Cultura, como órgano de participación de todo o movemento asociativo. [+]
Rogo solicitando iluminación na "Calle de Cristal"
O BNG presentou un rogo solicitando a instalación de iluminación nas únicas rúas peonís existentes en todo o concello, na zona da antigamente chamada "Calle de Cristal". [+]
Rogo para que se subsane un desnivel dunha beirarúa na Avenida de Caión
Consideramos desde o BNG da Laracha que se trata dunha situación de risco que pode ocasionar algunha caída con consecuencias para as persoas, e así nolo teñen manifestado tamén algúns veciños e veciñas, polo que entendemos que desde o goberno municipal se debe adoptar algunha medida ao respecto, como instar ao propietario da leira a rechear a mesma ata igualar a súa altura coa da beirarrúa, ou senón colocar unha “barandilla” ou algo similar. [+]
Rogo para a mellora do servizo do "Punto Limpo"
Dende o BNG da Laracha consideramos que o goberno municipal debe promover o seu uso e proporcionar e por a disposición de toda a cidadanía medios para que poidan facer bo uso de el, como facilitarlle aos cidadáns o transporte deste residuos ata o punto limpo e inclusive estendendo este uso para tamén recoller outro tipo de residuos non específicos dos puntos limpos, como as biomasas, para dende alí xestionar o seu futuro uso [+]
Rogo para a mellora dun camiño en Coiro
Rogo sobre a mellora nun cruce da Rúa Santa Lucía
Rogo sobre verquidos incontrolados en Montemaior e A Laracha
Rogo sobre o programa "quérome" e a falta de respecto institucional do Concello
Rogo sobre melloras no paseo fluvial
Rogo para a retirada de Pneumáticos do leito do Río Anllóns
Rogo para que se analice a calidade das augas das fontes públicas e se indique a súa potabilidade
Rogo para a creación dun "Servizo Municipal de Normalización Lingüística"
Rogo para que se recollan e repoñan oficialmente os topónimos do Concello da Laracha
Rogo para que se repoboe con árbores autóctonos a Área Recreativa de Gabenlle
Rogo para que se arranxe o parque infantil do Colexio Ramón Otero Pedrayo
Pregunta sobre a inauguración do Centro de Día da Laracha
O Grupo Municipal do BNG da Laracha pregunta ao goberno municipal do PP pola utilización partidista da inauguración do Centro de Día da Laracha, á que non se convidou a toda a Corporación Municipal e si ao Partido Popular de Carballo. [+]
Pregunta sobre os problemas de humidade no edificio da escola infantil
O Grupo Municipal do BNG da Laracha preguntou ao goberno municipal polos problemas de humidades no edificio da escola infantil. O alcalde incumpriu o seu compromiso de que se arranxarían os problemas para o inicio do novo curso. Cando se arranxará por fin este edificio? [+]
Pregunta sobre un verquido na Gándara, en Torás
A concelleira do BNG Carolina Castiñeiras cuestionou ao goberno municipal sobre un verquido nunha pista da Gándara, en Torás. [+]
O BNG pregunta ao goberno municipal cando pensa arranxar a pista do Rapadoiro á Medoña, en Coiro
O Grupo Municipal do BNG presentou unha pregunta sobre o lamentable estado da pista do Rapadoiro á Medoña, en Coiro, e cando o goberno municipal pensa abordar o seu arranxo. [+]
Pregunta sobre se as obras do FEIL están realmente a crear emprego no noso Concello
Estanse a executar nestes momentos a práctica totalidade das obras do “Fondo Estatal de Investimentos Locais” (FEIL) no concello da Laracha.
Este plan aprobado polo goberno central, e polo que o estado lle aporta ao concello da Laracha case 2 millóns de euros, tiña coma principal finalidade a de crear emprego nos concellos, e mesmo as distintas propostas que se presentaban desde cada concello tiñan que establecer unha previsión do número de parados que se ían contratar.
Desde o Grupo Municipal do BNG queremos coñecer, e que se fagan públicos, os datos relativos ás obras do FEIL do concello da Laracha, se esas previsións de creación de novos empregos se cumpriron, e cantos parados do concello da Laracha foron contratados.
Pregunta sobre a situación legal dun edificio na Avenida de Caión
Hai un edificio recentemente construído, o que se atopa na Avda. de Caión, do que os seus inquilinos se atopan con problemas e manteñen un conflicto co construtor para buscar solución a ditos problemas.
Este construtor solicitou licenza para dita edificación, que lle foi concedida no ano 2004. Posteriormente, unha vez rematada a obra, solicitou licenza de primeira ocupación, e en xaneiro do ano 2006 foille requerida, por parte do concello, a presentación de determinada documentación e a acreditación do cumprimento dos requisitos para poder obter dita licenza de primeira ocupación. [+]
Pregunta sobre a acumalación de unha gran cantidade de terras en Lamalonga (Coiro)
Pregunta sobre o plan de sinalización (un ano despois)
Desde o goberno municipal contestóusenos no seu día que se estaba a traballar nun plan de sinalización para todo o concello e que se abordaría a sinalización destes lugares no devandito plan. Posteriormente preguntamos, noutra sesión plenaria, sobre este plan, a súa previsión, temporalización, etc., preguntamos se o goberno municipal nos podía informar sobre cando estaba previsto abordar as actuacións nas distintas parroquias, etc. O certo é que o grupo de goberno do Partido Popular non foi quen de dar esta información, limitouse a contestar que se ía sinalizar en todo o concello [+]
Pregunta sobre o silencio do Goberno Municipal ante a ampliación do aeroporto de Alvedro
Pregunta sobre o Plan de Sinalización
Pregunta sobre a contratación dun Arquitecto Técnico
Pregunta sobre a rede de saneamento de Golmar
Pregunta sobre unha obra ilegal en Vilaño Vello
Pregunta sobre o Cemiterio de Lestón
Pregunta sobre os desperfectos causados por obras do concello en edificios anexos ao Parque Maximino Canedo
Pregunta sobre o retraso nas obras da estrada entre A Laracha e Cerceda
Pregunta sobre a sinalización de algúns cruces perigosos
Pregunta sobre a seguridade na Feira de Paiosaco
O BNG da Laracha solicita declarar o 24 de febreiro Día de Rosalía no noso concello
Visto en "xornalgalicia.com", o 10 de febreiro de 2012: http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=81752 [+]
O BNG da Laracha presenta unha iniciativa en apoio á Iniciativa Lexislativa Popular impulsada pola Plataforma SOS Sanidade Pública
Visto en "xornalgalicia.com" o 9 de febreiro de 2012: http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=81728 [+]
O BNG da Laracha celebra que se vaia ampliar a Galescola, pero demanda a solución aos problemas de humidades
Visto en "xornalgalicia.com", o de febreiro de 2012: http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=81718 [+]
O BNG da Laracha reclama o arranxo da estrada Comarcal 552
Visto en "xornalgalicia.com" o 21 de xaneiro de 2011: http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=81376 [+]
O BNG da Laracha presentou unha iniciativa na que demanda melloras sanitarias para A Laracha, e que a cita previa telefónica sexa atendida por persoas e non por máquinas
Visto en "xornalgalicia.com", o 17 de xaneiro de 2012: http://xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=81323 [+]
O BNG da Laracha pide explicacións ao Alcalde polas súas imputacións
Visto en "El Correo Gallego", o 7 de xaneiro de 2012: http://www.google.com/url?q=http://www.elcorreogallego.es/comarcas/ecg/bloque-laracha-reclama-explicacions-alcalde/idEdicion-2012-01-07/idNoticia-721753/&sa=U&ei=XuAVT4mRH5TG8QPup830Dg&ved=0CAYQFjAB&client=internal-uds-cse&usg=AFQjCNGXTW-yDa8VWoOKqcfVIMlNrEYBXQ [+]
O BNG reclama á Xunta investimentos para A Laracha
Visto en "La Opinión de A Coruña", o 10 de decembro de 2011: http://www.google.com/url?q=http://www.laopinioncoruna.es/gran-coruna/2011/12/10/bng-reclama-xunta-inversiones-concello-laracha/559152.html&sa=U&ei=7t8VT9v_NdGJhQfdtYjgCg&ved=0CBIQFjAHOAo&client=internal-uds-cse&usg=AFQjCNFOnNudix8aYoZghI1RUH8P-1sbUA [+]
O BNG denuncia a negativa do Alcalde da Laracha a dar explicacións dos procesos nos que está implicado
Visto en "xornalgalicia.com", o 7 de xaneiro de 2012: http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=81160 [+]
O BNG da Laracha denuncia a hipocresía do PP, que pregoa unha suposta austeridade pero despilfarra en soldos e propaganda e recorta en gasto social
Visto en "xornalgalicia.com", o 20 de decembro de 2011: http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=80908 [+]
O BNG da Laracha critica as chapuzas do PP co campo de fútbol de Caión, e a súa incompetencia para que se constrúa o centro de saúde tantas veces prometido
Visto en "xornalgalicia.com", o 9 de decembro de 2011: http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=80734 [+]
O BNG da Laracha presenta unha iniciativa contra os recortes e as privatizacións na sanidade pública
Visto en "xornalgalicia.com", o 25 de novembro de 2011: http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=80522 [+]
O BNG critica o anuncio de recortes por parte do Presidente da Deputación, Diego Calvo
Visto en "xornalgalicia.com", o 15 de setembro de 2011: http://www.facebook.com/l.php?u=http%3A%2F%2Fwww.xornalgalicia.com%2Findex.php%3Fname%3DNews%26file%3Darticle%26sid%3D79037&h=mAQCyFN5ZAQDKyj3rdOYQSYSnqHwPt4PEMFE0jQW1pJazxA [+]
O BNG da Laracha critica ao goberno municipal do PP pola utilización propagandística do "Día da Bicicleta"
Visto en "xornal.com", o 7 de setembro de 2011: http://www.xornal.com/artigo/2011/09/07/xornal-municipal/a-laracha/bng-laracha-acusa-concello-aproveitar-dia-da-bicicleta-autobombo/2011090718242300318.html
O BNG da Laracha presenta unha iniciativa para mellorar a financiación dos concellos
O Grupo Municipal do BNG da Laracha presenta unha iniciativa mediante a que demanda o aprazamento da débeda dos concellos co Estado, e a aprobación dun novo modelo de financiamento local, máis xusto cos concellos galegos. Visto en "xornalgalicia.com", o 9 de setembro de 2011: http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=78942 [+]
O BNG da Laracha presenta unha iniciativa contra a subida encuberta do imposto de transmisións patrimoniais
Visto en "xornal.com", o 2 de setembro de 2011: http://www.xornal.com/artigo/2011/09/02/xornal-municipal/a-laracha/bng-da-laracha-presenta-iniciativa-suba-do-imposto-transmisions-da-xunta/2011090214204100582.html
O goberno municipal do PP da Laracha gasta o diñeiro dos contribuíntes en soldos, propaganda e comilonas
Visto en www.xornalgalicia.com, o 24 de xullo de 2011: http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=78405 [+]
O BNG da Laracha denuncia a privatización e a redución de prazas do Centro de Día da Laracha
Visto en "www.xornalgalicia.com, o 4 de xullo de 2011: http://www.xornalgalicia.com/index.php?name=News&file=article&sid=78095 [+]
O BNG da Laracha esixe melloras no Colexio Otero Pedrayo
Visto en "La Voz de Galicia", o 28 de xuño de 2011: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/06/28/0003_201106C28C6991.htm [+]
O BNG da Laracha denuncia que o goberno municipal do PP costará 230.000 euros a todos os laracheses e larachesas
Visto en "xornal.com" o 22 de xuño de 2011: http://www.xornal.com/artigo/2011/06/21/xornal-municipal/a-laracha/bng-sosten-goberno-do-pp-costara-laracheses-000-ao-ano/2011062113091800472.html [+]
O candidato á alcaldía do BNG da Laracha será presentado o 25 de marzo
Visto en "xornal.com", o 17 de marzo de 2011: http://www.xornal.com/artigo/2011/03/16/xornal-municipal/a-laracha/bng-da-laracha-presenta-marzo-seu-candidato/2011031621283200877.html [+]
O candidato do BNG á alcaldía, Xoán Manoel Sande, contestou ás preguntas dos lectores nos encontros dixitais de "La Opinión"
http://mas.laopinioncoruna.es/elecciones-municipales-2011/2011/03/14/xoan-sande-candidato-del-bng-en-a-laracha/ [+]
O BNG da Laracha critica os recortes nas axudas ao sector agro-gandeiro
Visto en "La Voz de Galicia", o 26 de febreiro de 2011: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/02/26/0003_201102C26C8994.htm [+]
O BNG da Laracha critica a visita propagandística do Conselleiro de Educación
Visto en www.xornal.com, o 1 de marzo de 2011: http://www.xornal.com/artigo/2011/03/01/xornal-municipal/a-laracha/bng-da-laracha-cualifica-propagandistica-vista-do-conselleiro-educacion/2011030117423300365.html [+]
Xoán Manoel Sande Muñiz presentado como candidato do BNG á alcaldía da Laracha
Visto en www.anosacosta.es, o 10/01/2011: http://www.anosacosta.es/index.php?option=com_content&view=article&id=3978:hai-que-cambiar-levamos-co-pp-desde-a-ditadura&catid=22:bergantinos-noticias&Itemid=284 [+]
Xoán Manuel Sande será o candidato do BNG á alcaldía da Laracha
Visto en "La Voz de Galicia" o 9 de xaneiro de 2011: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2011/01/09/0003_8953782.htm [+]
O Grupo Municipal do BNG da Laracha presenta unha iniciativa contra os recortes sociais de Xunta e Goberno do Estado
O Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha, Xoán Manuel Sande, presentou unha moción contra os recortes sociais do Goberno do Estado (PSOE) e da Xunta de Galiza (PP). Visto en "La Voz de Galicia", o 30 de decembro de 2010: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/12/30/0003_8937666.htm [+]
O BNG da Laracha critica o rexeitamento das emendas aos orzamentos da Xunta por parte do Partido Popular
O BNG da Laracha afirma que o P.P. incumpre a súa palabra, e volve rexeitar as emendas do BNG para incluír nos orzamentos da Xunta partidas económicas para construír un novo Centro de Saúde en Caión e un novo edificio para as aulas de infantil no Colexio da Laracha. Visto en "La Voz de Galicia", o 29 de decembro de 2010: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/12/29/0003_8935146.htm [+]
O BNG da Laracha demanda máis investimento social nos orzamentos para 2011
Visto en "La Voz de Galicia", o 10 de decembro de 2010: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/12/10/0003_8900133.htm
O BNG da Laracha critica que se despilfarre en propaganda na escola infantil e non se arranxen os problemas de humidade
Visto en "La Voz de Galicia", o 4 de decembro de 2010: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/12/04/0003_8889364.htm [+]
O BNG da Laracha presenta unha iniciativa en defensa da sanidade pública
Visto en "La Voz de Galicia", o 17 de outubro de 2010: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/10/17/0003_8789640.htm [+]
O BNG da Laracha apoia as mobilizacións dos pais e nais de alumnos do IES Agra de Leborís
Visto en "La Voz de Galicia", o día 6 de outubro de 2010: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/10/06/0003_8766732.htm
O BNG da Laracha demanda unha solución xa para os problemas de humidade da escola infantil
Visto en "La Voz de Galicia", o 24 de setembro de 2010: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/09/24/0003_8743745.htm [+]
O BNG da Laracha lembra a súa oposición ao "pelotazo" no Campo da Insua de Caión, polo que están denunciados o Patrón Maior da Confraría e a Conselleira do Mar
Visto en "La Voz de Galicia", o 21 de setembro de 2010: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/09/21/0003_8737171.htm [+]
O Portavoz Municipal do BNG e Deputado Provincial, Xoán Sande, presentou o IV Encontro de Política Lingüística, que se celebrará o 20 de outubro en Carballo
Visto en "La Voz de Galicia", o 16 de setembro de 2010: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/09/16/0003_8728484.htm [+]
O BNG critica o despilfarro en publicidade e propaganda e o racaneo en gasto social do goberno municipal do P.P:
Visto en "La Voz de Galicia", o 25 de xullo de 2010: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/07/25/0003_8630010.htm [+]
Aprazado o pleno ordinario de setembro, a proposta do BNG, para non coincidir coa xornada de folga xeral
Visto en "La Voz de Galicia", o 4 de setembro de 2010: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/09/04/0003_8705446.htm [+]
O BNG da Laracha pregunta polo incendio na piscina municipal
Visto en "La Voz de Galicia", o 4 de setembro de 2010: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/09/04/0003_8705445.htm [+]
O BNG critica a actitude hipócrita do P.P. no decreto do carbón
Visto en "La Voz de Galicia", o 22 de xullo de 2010: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/07/22/0003_8624628.htm [+]
O BNG da Laracha presenta unha iniciativa para promover a integración laboral dos discapacitados
Visto en "La Voz de Galicia", o 18 de xullo de 2010: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/07/18/0003_8617285.htm [+]
O BNG da Laracha presenta alegacións á "ordenanza de condutas cívicas"
Visto en "La Voz de Galicia", o 10 de xullo de 2010: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/07/10/0003_8601592.htm [+]
O BNG da Laracha reclama melloras nas infraestruturas
Visto en "La Voz de Galicia", o 22 de maio de 2010: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/05/22/0003_8499120.htm [+]
Xoán Sande presenta o premio "Rosalía de Castro" de lingua
O portavoz municipal do BNG e deputado provincial, Xoán M. Sande, presentou o primeiro premio "Rosalía de Castro" de lingua da deputación da Coruña. Visto en "Galicia Hoxe" o 20 de abril de 2010: http://www.galiciahoxe.com/mare/gh/todas-as-accions-son-poucas/idEdicion-2010-04-20/idNoticia-538236/ [+]
O BNG da Laracha denuncia que a Xunta esquece os problemas da AC-552 ao seu paso polo concello da Laracha
Visto en "La Voz de Galicia" o 17 de abril de 2010: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/04/16/0003_8421712.htm [+]
O deputado provincial Xoán Sande amosa o apoio da Deputación a Aspaber
Visto en "La Voz de Galicia", o 23 de marzo de 2010: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/03/23/0003_8373482.htm [+]
Xoán Sande presenta os convenios de servizos sociais da deputación da Coruña
Visto en "La Voz de Galicia", o 12 de marzo de 2010: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/03/12/0003_8349834.htm [+]
O BNG de Bergantiños organizou un acto na Laracha o pasado 8 de marzo, día internacional da muller, que rematou cunha concentración na praza do concello
Visto en "La Voz de Galicia" o dia 10 de marzo de 2010: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/03/10/0003_8345509.htm [+]
O BNG denuncia o doble raseiro do goberno municipal do P.P. á hora de cumprir as sentencias xudiciais
Visto en "La Voz de Galicia", o 1 de marzo de 2010: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/03/02/0003_8327747.htm [+]
O BNG denuncia o lamentable estado da pista que vai desde O Rapadoiro á Medoña en Coiro
Visto en "La Voz de Galicia", o 14 de febreiro de 2010: http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2010/02/14/0003_8294053.htm [+]
O BNG denuncia a destrución dun sartego en Soandres
Visto en "anosacosta.es": http://www.anosacosta.es/berganti-os/noticias/sartego-destruido-en-a-laracha-26-01-2010.html [+]
O Deputado Provincial e Portavoz do BNG na Laracha, Xoán M. Sande, inaugurou o Museo dos Muíños na Rectoral de Golmar
Visto en "La Voz de Galicia", o 21 de decembro de 2009. http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/12/21/0003_8185668.htm [+]
O BNG denuncia os recortes na sanidade pública aplicados polo Partido Popular na Xunta
Visto en "La Voz de Galicia", o 15 de decembro de 2009. http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/12/15/0003_8171987.htm [+]
O Portavoz do BNG da Laracha e Deputado Provincial, Xoán Sande, inaugurou a exposición "crónicas da represión lingüística"
Visto en "La Voz de Galicia", o 18 de novembro de 2009. http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/11/17/0003_8112248.htm [+]
O P.P. recupera a vella tradición das "primeiras pedras"
A Concelleira nacionalista Carolina Castiñeira critica o acto propagandístico do Partido Popular, na colocación da primeira pedra do Centro de Día - Residencia, aprobado polo BNG no goberno anterior. Visto en "La Voz de Galicia", o 14 de novembro de 2009. http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/11/15/0003_8108054.htm [+]
O Portavoz do BNG da Laracha e deputado provincial Xoán M. Sande impulsa a normalización lingüística no III Encontro organizado no Pazo de Mariñán
Visto en "Galicia Hoxe", o 22 de outubro de 2009. http://www.galicia-hoxe.com/index_2.php?idMenu=86&idNoticia=479518 [+]
O BNG da Laracha reclama o arranxo da pista que vai desde o Casal, en Coiro, ata Compañeiro, en Soandres
Visto en "La Voz de Galicia", o 10/10/2010. http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/10/10/0003_8026860.htm [+]
O BNG da Laracha reclama outros criterios para o reparto do novo FEIL 2010
Visto en "La Voz de Galicia", o 9 de outubro de 2010. http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/10/09/0003_8024716.htm [+]
Pleno do 30 de setembro: O P.P. volveu rexeitar a retirada da simboloxía franquista
Visto en "La Voz de Galicia", o 1 de outubro de 2009. http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/10/01/0003_8006993.htm [+]
O Grupo Municipal do BNG solicita a adopción de medidas de seguridade viaria en Paiosaco
Visto en "La Voz de Galicia", o 27/09/2009. http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/09/27/0003_7998576.htm [+]
O BNG da Laracha denuncia a falta de seguridade no Colexio Otero Pedrayo
Visto en "La Voz de Galicia", o 26/09/2009. http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/09/27/0003_7998445.htm [+]
O BNG reclama, máis unha vez, a retirada da simboloxía franquista no concello da Laracha
O BNG presentou unha nova iniciativa solicitando a retirada da simboloxía fascista das rúas e prazas do noso concello, nomeadamente da Praza do Generalísimo Franco na Laracha e a Rúa Carrero Blanco e as súas travesías en Caión. Visto en "La Voz de Galicia" o 26 de setembro de 2009. http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/09/26/0003_7996495.htm [+]
O BNG critica ao goberno municipal do P.P. por excluír ás asociacións veciñais da convocatoria de subvencións
O BNG da Laracha cricita a postura do Partido Popular, ao que lle molesta o asociacionismo veciñal e por iso o discrimina excluíndoo dunha convocatoria de subvencións pagada cos impostos de todas e todos. Visto en "La Voz de Galicia", o 20 de setembro de 2009. http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/09/20/0003_7982597.htm [+]
O BNG analiza os investimentos da Deputación da Coruña nas comarcas de Bergantiños e Costa da Morte
Nunha xornada de traballo, na que se reuniron membros do Grupo do BNG no goberno da Deputación da Coruña (entre eles o Portavoz do BNG da Laracha, Xoán M. Sande) cos responsábeis comarcais de Bergantiños e Costa da Morte e tamén concelleiros e concelleiras do BNG nestas dúas comarcas, fíxose un balance dos investimentos da Deputación nos anos 2007, 2008 e 2009 (perto de 40 millóns de euros) nestas dúas comarcas. Os membros do BNG no goberno provincial tamén recolleron as propostas dos portavoces nos distintos concellos de cara aos orzamentos do exercicio 2010, e anunciaron as liñas mestras do presuposto que se está a elaborar.
Visto en "anosacosta.com" o 17/09/2009 http://www.anosacosta.es/soneira/noticias/villamar-fai-balance-en-baio.htm [+]
O BNG demanda unha solución para que todos os nenos teñan praza no comedor do Colexio da Laracha, e a cobertura de todas as prazas de profesores
Visto en "La Voz de Galicia" o 15/09/2009 http://www.lavozdegalicia.es/carballo/2009/09/15/0003_7971487.htm [+]
O BNG larachés inicia a recollida de firmas para suprimir símbolos franquistas no municipio
O BNG acusa ao alcalde da Laracha de mentir aos veciños
Visto en "O mundo que vexo" o 14 de agosto de 2009
O BNG da Laracha critica o aumento nos gastos de publicidade
Visto en "La Opinión de A Coruña" o 1 de agosto de 2009" [+]
Sande:“O PP despreza a Costa da Morte”
Bergantiños participa no Día da Patria Galega na procura dunha Galiza mellor
O BNG da Laracha nega a súa relación coa pegada de carteis nas árbores do Anllóns
A roza das estradas municipais provoca unha disputa entre o BNG e o PP da Laracha
O BNG da Laracha critica que agora o PP si leve aos maiores á festa ao Carballiño
Nova dirección do BNG da Laracha
O BNG denuncia a existencia dunha vertedura de fecais en Caión
A Política de terra queimada do PP e o seu impacto negativo nos concellos. O caso da Laracha
Resumo do pleno do 27 de maio de 2009 en "La Voz de Galicia"
O PP rexeita os plans de seguridade e accesibilidade da oposición larachesa
O BNG rexeita a ampliación de Alvedro
[+]
O BNG larachés propón a elaboración dun plan de accesibilidade acordado cos axentes sociais
O portavoz do BNG larachés celebra a aprobación dos dous plans anticrisis da Deputación
O PP rexeita a moción do BNG sobre a violencia machista
Xoán Sande anuncia que a Deputación destinará este ano máis de 13,5 millóns á comarca de Bergantiños
Segumento do mítin do BNG na Laracha, celebrado o 23 de xaneiro do 2009
Visto en "A Nosa Costa" o 23 de xaneiro de 2009
Visto en "La Voz de Galicia" o 24 de xaneiro de 2009
Visto en "O Mundo que vexo", blogue de Xosé Antón de la Fuente Subiela, o 25 de xaneiro de 2009 [+]