O Local do BNG da Laracha estará aberto ao público todos os mércores

Desde o BNG da Laracha queremos informar a todas as veciñas e veciños do concello da Laracha de que estamos no noso local todos os mércores para atendelos. Abrimos o noso local para recibir a toda aquela persoa que queira falar con nós, para o que queira consultarnos algunha dúbida, facer algunha achega, proposta ou crítica.

Estamos todos os mércores, de 10:30 a 13:00 e de 18:00 a 21:00 horas para atender a quen se achegue, no noso local da rúa Arxentina, na Laracha, tanto o portavoz municipal e deputado provincial como o grupo municipal do BNG da Laracha. Estamos á disposición de todas e todos, o noso local é a súa casa.

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]