Francisco Jorquera, candidato á presidencia da Xunta polo BNG, informa na Feira da Paiosaco sobre a contrarreforma laboral do PP

A Laracha, 18  Marzo 12. O portavoz do BNG no Congreso dos deputados, Francisco Jorquera participou hoxe, na feira de Paiosaco nun reparto de material informativo contra a Reforma Laboral impulsada por Mariano Rajoy.

O parlamentario, acompañado polos deputados na Cámara galega, Carme Adán e Carlos Aymerich e destacados cargos municipais da comarca, compareceu ante os medios de comunicación para valorar a campaña informativa do BNG que baixo o lema “Actuemos! é tempo de respostas” está a realizar en Galiza co fin de acadar a maior participación da cidadanía na Folga Xeral prevista para o vindeiro 29 de Marzo contra as consecuencias da Reforma Laboral.

A reforma enterra o diálogo social e permite ao capital modificar unilateralmente as condicións laborais e salariaisContrarreforma Laboral do PP

Para Jorquera, “esta contrarreforma laboral” facilita e abarata máis o despido, precariza as condicións de traballo e abre múltiples vías para unha rebaixa xeneralizada de salarios”.
Asemade, dixo, “quebra o principio no que se asentaban, até agora, as relacións laborais”, porque –explicou- “as empresas unilateralmente modificarán as condicións laborais e salariais e optarán polo despido libre e gratuíto”.

O nacionalista acusou ao Partido Popular de impulsar unha Reforma Laboral que con toda seguridade, provocará “máis crise e máis paro” ao sustentarse en Galiza multitude de pequenas e medianas empresas orientadas a satisfacer as necesidades do mercado interior e non da exportación. Na súa opinión, a Reforma Laboral terá como primeira consecuencia unha baixada de salarios e menos poder adquisitivo e polo tanto, “vai a prolongar máis a crise e o paro”, ao tempo que "...ao caer o poder adquisitivo das traballadoras e dos traballadores, caerá tamén o consumo e, consecuentemente, a conta de resultados das pequenas e das medianas empresas"

Francisco Jorquera alertou do risco de reducir salarios e condicións laborais e advertiu de que “sempre haberá quen traballe máis barato”, a competitividade na economía –dixo-, hai que centrala en aportar innovación e coñecemento e isto é “incompatible con esta Reforma Laboral”.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]