O BNG presenta enmendas aos orzamentos da Xunta para investimentos básicos na Laracha

O Grupo Parlamentar do BNG presentou as súas emendas aos orzamentos da Xunta para o ano 2012, incluíndo entre elas varias solicitudes de investimentos para o Concello da Laracha.

O BNG solicita a dotación dunha partida económica para a construción do tantas veces prometido polo PP da Laracha Centro de Saúde de Caión. Solicitamos que se constrúa con diñeiro público 100%, e para iso demandamos unha dotación económica dun mínimo de 500.000 euros no próximo orzamento.

As enmendas son promesas incumpridas por parte do PP larachésOutra das emendas presentadas polo BNG relativa ao noso concello é a solicitude dun incremento substancial da partida destinada para a construcción do novo edificio no Colexio Otero Pedrayo.

Tamén demandamos dotacións económicas para construír as circunvalacións dos núcleos de Paiosaco e A Laracha, outra das promesas reiteradamente incumpridas por parte do Partido Popular, e por suposto, o arranxo da Estrada Comarcal 552 que se atopa nun estado realmente lamentable no tramo que afecta ao noso concello.

Todas estas cuestións son promesas incumpridas por parte do PP larachés, que afirmaba que estes investimentos serían unha realidade se Alberto Núñez Feijoo era Presidente da Xunta nun panfleto que repartiran naquelas eleccións autonómicas de 2009. Non foron incluídas en ningún dos orzamentos do goberno de Feijoo, e foron emendas que xa presentara o BNG nos orzamentos de 2010 e 2011, sendo rexeitadas polo PP. Se novamente volven ser rexeitadas, demostrarase que o Partido Popular non ten intención algunha de cumprir as súas promesas electorais, pois o próximo vai ser o último orzamento que desenvolverá o actual goberno da Xunta nesta lexislatura.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]