O Partido Popular da Laracha aproba novas subidas de impostos
Logo da aprobación no último pleno da subida dos prezos do abastecemento de auga e depuración, recollida de lixo e vados, entre outros, o Partido Popular da Laracha volve aprobar unha nova subida de impostos e a creación doutra nova taxa. No día de hoxe tivemos unha Comisión Informativa de Facenda no concello da Laracha, previa ao Pleno Extraordinario que terá lugar o vindeiro luns ás 13:00 horas, no que, ademais de procederse ao sorteo das mesas electorais das próximas Eleccións Xerais, o goberno municipal do PP aprobará unha subida nada menos que do 20% no Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (o coñecido como imposto de circulación), ademais da creación dunha nova taxa pola expedición de documentos de carácter catastral.
Efectivamente, ademais da subida do “Imposto de Circulación”, o goberno municipal do PP aprobará unha nova taxa de 10 euros que será o que terá que pagar calquera veciña ou veciño que necesite acudir ao Punto de Información Catastral. No concello da Laracha cóbrase absolutamente por todo. No último pleno xa se aprobaran tamén a creación de novas taxas pola expedición de diversos documentos urbanísticos.
Mentras o PP sube as taxas (que son iguais para todos independentemente do noso salario) négase a a que se cobre o imposto de patrimonio aos máis ricosDesde o BNG da Laracha entendemos que os concellos teñen que cobrar pola prestación de determinados servizos, que teñen un custe que non pode asumir o concello, Entendemos que hai que cobrar polos servizos de abastecemento de auga, recollida de lixo, etc.; iso si, non de maneira abusiva, nin tampouco nos parece lóxico que paguen de maneira diferente os vecinos e veciñas da Laracha, de Caión e de Paiosaco polo mesmo servizo. Agora ben, o caso do concello da Laracha é único. Cóbrase absolutamente por todo. Alguén coñece outro concello no que se cobren 2,55 euros por un Certificado de Empadroamente, por exemplo?. Logo a dereita é a que di que hai que baixar impostos, será para os ricos, pois o que eles fan é todo o contrario, subir as taxas e impostos a todos os vecinos e veciñas. Iso si, están en contra de que se cobre o Imposto de Patrimonio ás rendas altas