O BNG da Laracha pon en evidencia ao goberno municipal pola súa desastrosa xestión no asunto do Campo de fútbol de Caión

Lugar que ocupaba o antido Campo de fútbol da Insua, hoxe un descampado con letreiro de "aparcamento"

No pleno extraordinario do pasado día 8 de febreiro aprobouse a sinatura do convenio entre o Concello e a Xunta para a construción dun novo campo de futbol na vila. Oito anos despois Caión volverá ter un campo de futbol.

O BNG abstivose na votación do acordo pois este prodúcese sete anos despois de que o mesmo goberno municipal accedera a que se derrubase o Campo da Insua, de titularidade privada, para que a Confraría de pescadores vendera os terreos para edificar vivendas de luxo. As vivendas nunca foron construidas, o vello campo leva sete anos sendo un descampado e a venda dos terreos está a ser investigada pola xustiza.

O Portavoz Municipal do BNG, Xoán Manuel Sande Muñiz, explicou no salón de plenos que o BNG non está en contra do proxecto do campo de fútbol municipal, "pero si da forma na que se levou a cabo o programa de actuación. Hai sete anos, Caión dispoñía dun campo de fútbol, e agora hai que gastar máis de un millón de euros para construír outro recinto deportivo, algo que é completamente ilóxico; nestes tempos de crise».

Sande Muñiz criticou abertamente a actitude do Partido Popular na xestión que fixo nos últimos catro anos. "O Concello non dispón de investimentos básicos en educación e sanidade, as deficiencias nos colexios e institutos son enormes, o centro de saúde de Caión continúa á espera de ser construído, a pesar de ser un compromiso electoral do alcalde para este mandato, pero iso si, destinamos un millón de euros para un estadio municipal".

hai sete anos Caión dispoñía dun campo de fútbol e agora hai que gastar máis de un millón de euros para construír outroÉ lamentable que a resposta do tenente de alcalde a estas acusacións fose  que "se o Pleno rexeitase este acordo de colaboración coa Xunta de Galicia este millón de euros de subvención perderíanse para sempre".

O Partido Popular non só non asume as súas responsabilidades sobre a destrución do antigo campo, senón que non dubida en dicir que o único que lle importa é o investimento que se faga no Concello, independentemente da súa necesidade. Semella que temos un goberno municipal teledirixido desde a Xunta, sen iniciativa política e sen o máis mínimo criterio acerca das necesidades da xente da Laracha.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]