O BNG da Laracha presenta varias iniciativas para demandar melloras nos centros de ensino do noso concello
Grupo Municipal do BNG da Laracha
Estas son todas as iniciativas presentadas polo BNG, para o seu debate na vindeira sesión plenaria, relacionadas coas necesidades educativas no noso concello:
1.- Moción na que se insta á Xunta de Galiza á cobertura de todas as prazas de profesorado no IES Agra de Leborís, para a recuperación das 4 unidades en todos os cursos da ESO. Tamén solicitamos a dotación de equipos informáticos, xa que o centro quedou excluído do proxecto Abalar, que beneficiou a centros privados concertados en detrimento dos centros públicos coma o da Laracha.
2.- Moción na que se demanda da Xunta de Galiza a construción dun novo edificio para as aulas de infantil no CEIP Otero Pedrayo, e a cobertura das pistas deportivas.
3.- Moción pola que se reclama da Xunta de Galiza a recuperación da gratuidade dos libros de texto, que foi suprimida polo goberno do P.P. xa o ano pasado.
4.- Rogo mediante o que se reclama ao Concello da Laracha que demande diante da Xunta de Galiza a necesidade da implantación de Ciclos Formativos no IES Agra de Leborís.
5.- Pregunta sobre a situación da escola infantil, e cando se vai poñer fin aos problemas de humidade deste edificio, dunha vez por todas.