O Partido Popular rexeitou as propostas do BNG para fomentar a creación de emprego no concello da Laracha

O BNG da Laracha presentou  varias iniciativas que foron debatidas no último Pleno Ordinario da Corporación (que se celebrarou o pasado mércores día 7 de abril), nas que demandamos a adopción dunha serie de medidas encamiñadas a favorecer a creación de emprego e a conciliación da vida familiar e laboral. O Partido Popular rexeitou todas as nosas iniciativas e demostrou a súa incapacidade para tomar algún tipo de iniciativa -como as que lle demandamos desde o BNG da Laracha- para intentar parar o incremento do desemprego que se disparou desde que o P.P. goberna na Xunta (xa temos máis de mil parados no noso concello).

As iniciativas presentadas son as seguintes:

1.- Moción pola que se demanda a aprobación dun Plan de Inserción Socio-Laboral, para as persoas con especiais dificultades á hora de atopar emprego, un plan para a reactivación do comercio e o sector da hostelería, e a creación dunha Concellería de Promoción Económica. 2.- Moción na que se insta ao gobernoda

2.- Moción na que se insta ao goberno da Xunta a adoptar unha serie de medidas que favorezan a economía produtiva e a creación de emprego. Demandamos do goberno de Feijoo que dé marcha atras nas súas políticas privatizadoras e de destrución de emprego público na sanidade e nos servizos sociais, que sexan máis rigorosos á hora de estudar os "Expedientes de Regulación de Emprego" que lles son presentados polas empresas e que non aproben por sistema o 100 % dos EREs favorecendo así os despidos masivos, que se poña en marcha dunha vez o Xeriátrico de Vimianzo, que se adopten as medidas tan prometidas polo Partido Popular para abaratar o custe das parcelas dos Polígonos Industriais, e que se recuperen os plans sanitarios que foran aprobados polo goberno bipartito e que o goberno do P.P. anulou, nomeadamente o "Plan de Mellora da Atención Primaria" que supoñía a creación de centos de postos de traballo.

3.- Iniciativa pola que o BNG demanda a posta en marcha dun "Plan Concilia" no concello da Laracha, para que se permita deste xeito a apertura dos
centros escolares antes do horario habitual e se den almorzos aos rapaces e rapazas usuarios deste plan que terán monitores e farán actividades ata
o inicio do horario escolar.
 
 4.- Pregunta sobre o "Obradoiro de Emprego" que foi solicitado polo concello da Laracha, e que foi denegado por parte da Xunta de Galiza, precisamente
nun momento no que temos máis dun milleiro de parados no noso concello. Por que motivo non se concedeu á Laracha e si a outros concellos con moito menos
paro, coma o de Cerceda, por exemplo.	

Todas estas propostas do Grupo Municipal do BNG foron rexeitadas, polo voto en contra do Partido Popular que conta con maioría absoluta.

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]