Xa podes descargar o novo número da "Arnela"

capa do nº 7 da "Arnela"

Mentras o Partido Popular recurta dereitos sociais básicos, desde o BNG da Laracha preocupámonos por defender iniciativas que palíen os efectos da crise (sobre todo para as persoas con maiores dificuldades).

Mentras o Partido Popular despilfarra en publicidade e propaganda, o BNG, desde a Deputación (ou desde onde teña capacidade para facelo), inviste no noso concello.

Mentras o Alcalde permanece calado ante a decisión da Xunta de masificar as aulas no Instituto Agra de Leborís ou a nova Lei de Augas de Nuñez Feijoo, o BNG da Laracha ponse ao carón dos afectados.

Mentras o Partido Popular privatiza e liquida a sanidade pública o BNG manifestase en defensa duns servizos galegos públicos e de calidade.

Todo isto e máis podes lelo no novo número da nosa "Arnela"

Tamén dispoñíbel na web: http://es.calameo.com/read/0000177329f2eaf170b4b

twitter  facebook  meneame  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • Descarga o boletín clicando aquí