O BNG analiza os investimentos da Deputación da Coruña nas comarcas de Bergantiños e Costa da Morte
Nunha xornada de traballo, na que se reuniron membros do Grupo do BNG no goberno da Deputación da Coruña (entre eles o Portavoz do BNG da Laracha, Xoán M. Sande) cos responsábeis comarcais de Bergantiños e Costa da Morte e tamén concelleiros e concelleiras do BNG nestas dúas comarcas, fíxose un balance dos investimentos da Deputación nos anos 2007, 2008 e 2009 (perto de 40 millóns de euros) nestas dúas comarcas. Os membros do BNG no goberno provincial tamén recolleron as propostas dos portavoces nos distintos concellos de cara aos orzamentos do exercicio 2010, e anunciaron as liñas mestras do presuposto que se está a elaborar.
Visto en "anosacosta.com" o 17/09/2009 http://www.anosacosta.es/soneira/noticias/villamar-fai-balance-en-baio.htm