Pregunta sobre os problemas de humidade no edificio da escola infantil

Este é o texto íntegro da pregunta presentada polo Portavoz do Grupo Municipal:

Xoán Manoel Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para a súa contestación no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación a seguinte PREGUNTA:

O edificio da escola infantil da Laracha ten uns importantes problemas de humidades, que desde o goberno municipal e desde o Consorcio Galego de Igualdade e Benestar se comprometeran, a finais do curso pasado, a que antes do inicio do actual curso escolar, ou como data límite o 15 de setembro, estarían solucionados.

Pois ben, iniciouse o novo curso e pasou xa o 15 de setembro, e a pesares de que tivemos un verán bastante bo polo que respecta ás condicións climatolóxica, o certo é que o goberno municipal e a Xunta imcumpriron o seu compromiso e os problemas de humidade da escola infantil seguen sen solucionarse.

 

Por todo isto, desde o BNG da Laracha formulamos a seguinte pregunta:
 
 
Cando van acometer, dunha vez por todas, as actuacións necesarias para solucionar os problemas de humidade do edificio da escola intantil?
 
 

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]