Pregunta sobre un verquido na Gándara, en Torás

Este é o texto da pregunta presentada pola concelleira nacionalista:

Carolina Castiñeiras Brandón, Concelleira do Grupo Municipal do BNG da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, formula a seguinte PREGUNTA:

 

No último Pleno Ordinario da Corporación, presentamos un Rogo relativo a unhas cantidades importantes de entullo, que algún desaprensivo estivo a botar ao longo do camiño, a partir duns 200 metros desde onde empeza o mesmo (na estrada que vai desde a Gándara cara a Padronelo, á altura da pista que vén desde a estrada Comarcal 552, a pista que vai pegada á explanada, e que sae da estrada xusto onde hai un dos paneis para a colocación de carteis, nun camiño que sae xusto enfronte a esta pista ,cruzando a devandita estrada da Gándara cara a Padronelo) .

Dende o BNG estivemos facendo un seguimento deste verquido: pouco tempo despois os emtullos desapareceran de dito camiño, cousa me nos alegrou; mais a nosa ledicia mudou pronto, tornándose en “mosqueo” cando despois duns días de precitipacións, que non tiveron nin que ser moi importantes, os restos reapareceron, pois, como se pode comprobar nas fotografías, foran soterrados agravando ainda mais o atentado ecolóxico e facendo que nos veña á cabeza o vello dito de que “foi peor o remedio ca enfermidade” .

 Ante estes feitos vénomos na obriga de volver traer este asunto ao Pleno e formular ao grupo de Goberno as seguintes PREGUNTAS:

 

Está o Goberno Municipal ao tanto destes feitos? Que medidas teñen previsto tomar para solucionar dunha vez por todas este tema?

 

 
 

 

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]