Pregunta sobre a situación legal dun edificio na Avenida de Caión

Xoán Manoel Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para a súa contestación no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación a seguinte PREGUNTA:

 

 

Hai un edificio recentemente construído, o que se atopa no número 23 da Avda. de Caión (facendo esquina entre a Avda. de Caión e a Rúa Río Anllóns), do que os seus inquilinos se atopan con problemas e manteñen un conflicto co construtor para buscar solución a ditos problemas.

 

Este construtor solicitou licenza para dita edificación, que lle foi concedida no ano 2004. Posteriormente, unha vez rematada a obra, solicitou licenza de primeira ocupación, e en xaneiro do ano 2006 foille requerida, por parte do concello, a presentación de determinada documentación e a acreditación do cumprimento dos requisitos para poder obter dita licenza de primeira ocupación.

 

A data de hoxe, 3 anos e medio despois dese requerimento por parte do concello, non temos constancia de que fose presentada a documentación nin acreditado o cumprimento dos requisitos, e polo tanto entendemos que segue sen ter a licenza de primeira ocupación.

 

 

Por todo isto, o Grupo Municipal do BNG da Laracha formula a seguintes preguntas:

 

 

Contestou ou non o construtor ao requerimento feito desde o concello, logo de tres anos e medio do mesmo? Segue, polo tanto, sen acreditar o cumprimento dos requisitos para obter a licenza de primeira ocupación? Adoptou ou vai adoptar o goberno municipal algunha medida ao respecto?

 

 

 

 

 

 

A Laracha, 7 de xullo 2009

 

 

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,

Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha

 

 

 

 

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]