Pregunta sobre o retraso nas obras da estrada entre A Laracha e Cerceda

Mónica Castro Nogareda, Concelleira do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para a súa contestación no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación a seguinte PREGUNTA:

 

O pasado 22 de xuño de 2007 saía publicado no BOP número 143 da Coruña o anuncio do concurso para contratación da obra estrada Laracha-Cerceda cun prazo de execución de 7 meses.

 

No BOP número 201 da Coruña do 31 de agosto de 2007 publicábanse o anuncio da adxudicación obra estrada Laracha a Cerceda, con data de 14 de agosto de 2007, a empresa Construcións López Cao, S.L. cun importe de 649.438,41 €

 

A data 24 de xullo de 2008, xa pasado máis dun ano da data de adxudicación cáusannos preocupación as seguintes observacións que a continuación expoñemos:

 

·        Pasados 5 meses da data de entrega das obras finalizadas, aínda estamos lonxe do remate efectivo e eficiente de dita obra de acondicionamento da estrada, non facéndose público explicación algunha dos motivos que levaron a tal retraso e as medidas que se adoptaron dende o concello.

·        Obsérvase unha sinalización ineficiente ao longo de todo o recorrido, xa sexa de tipo informativo ou de seguridade viaria, o que está a causar trastornos e malestar entre os usuarios afectados pois non teñen información sobre o desenvolvemento das obras nin cando se teñen pensado rematar.

·        Certos tramos están bastante máis avanzados que outros que parece que aínda están sen empezar, pero descoñécese como van quedar exactamente os tramos rematados, é dicir, tipo de pavimentación, sinalización que se vai empregar, regulación dos límites de velocidade, etc.

 

Por todo isto formulamos as seguintes PREGUNTAS relacionados co anteriormente exposto:

 

1.      Pensa o goberno municipal facer algunha explicación dos motivos do retraso das obras e indicar que medidas se van tomar ao respecto?

2.      Vaise poñer algún tipo de cartel informativo onde os cidadáns poidan consultar os datos da obra (contratista, orzamento, prazos de execución, etc)?

3.      Nas zonas da estrada que transcorren por núcleos de poboación téñense pensado poñer as sinais de limitación de velocidade axeitadas, claramente visibles, ou algún outro elemento que eleve a seguridade dos habitantes desas zoas como poden ser pasos de peóns elevados ou elementos similares?

4.      O tipo de pavimentación que se empregou nos tramos da estrada máis avanzados e provisional ou vai ser cambiado por outro de maior calidade que garanta un maior agarre e firmeza, e polo tanto seguridade, dos vehículo que circulen por el?

 

 

 

 

 

 

 

 

 

A Laracha, 23 de abril de 2008

 

 

 

 

 

 

Asdo.: Mónica Castro Nogareda

Concelleira do Grupo Municipal do BNG da Laracha

 

 

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]