Pregunta sobre a acumalación de unha gran cantidade de terras en Lamalonga (Coiro)

Carolina Castiñeiras Brandón, Concelleira do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para a súa contestación no vindeiro Pleno Ordinario a seguinte PREGUNTA:

 

 

 

            Na parroquia de Coiro, en concreto no lugar de Lamalonga, ao lado da estrada provincial, atópase unha finca na que, desde hai tempo, estase a facer unha considerable acumulación e movemento de terras, como se pode apreciar na foto adxunta, sen que teñamos constancia de que exista permiso algún para esta acción.

 

 

 

 

            Por tanto, desde o Grupo Municipal do BNG formulamos as seguintes preguntas:

 

            Ten constancia o goberno municipal da existencia dalgunha solicitude de permiso para esta acumulación e movemento de terras? Ten concedido o concello algún permiso? De non ser así, vai adoptar o goberno municipal algunha medida ao respecto?

 

 

 

 

 

 

 

A Laracha, 24 de xuño de 2009

 

 

 

 

Asdo.: Carolina Castiñeiras Brandón,

Concelleira do Grupo Municipal do BNG

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]