Pregunta sobre o Plan de Sinalización

Carolina Castiñeiras Brandón, Concelleira do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para a súa contestación no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación a seguinte PREGUNTA:

 

 

            Temos coñecemento de que se instalou unha nova sinalización na parroquia de Caión, e en distintos medios de comunicación saíu unha información na que se expoñía que se ía seguir colocando esta nova sinalización, por parte do Concello da Laracha, no resto das parroquias, sendo as seguintes nas que se actuaría as de Lendo e Lemaio.

 

            Desde o BNG temos solicitando en diversas ocasións a sinalización dalgúns puntos en varias parroquias, como por exemplo en Erboedo, en Golmar, Vilaño, etc., facendo chegar ao goberno municipal as demandas de moitos veciños e veciñas destos lugares, e sempre se nos contestou dicindo que o goberno municipal estaba a traballar nun proxecto de sinalización para todo o municipio. Así pois, agora agardamos que as demandas da veciñanza que trouxemos anteriormente a este salón de plenos a través de mocións ou rogos aquí presentados, sexan ao fin atendidas.

 

 

Por todo isto, desde o Grupo Municipal do BNG formulamos as seguintes PREGUNTAS:

 

1º.-  Ten previsto o goberno municipal atender as solicitudes prantexadas anteriormente polo Grupo Municipal do BNG, dentro dese plan de sinalización, e dese xeito acometer a sinalización demandada polos veciños e as veciñas deses lugares?

 

2º.- Pode explicarnos o goberno municipal o calendario de execución dese plan de sinalización, cales serán as próximas actuacións e en que parroquias e lugares se vai actuar, e cando ten previsto que esté rematada a execución total do plan?

 

 

 

 

 

 

A Laracha, 22 de novembro de 2008

 

 

 

Asdo.: Carolina Castiñeiras Brandón

Concelleira do Grupo Municipal do BNG

 

 

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • Descarga a Pregunta en PDF