Pregunta sobre a rede de saneamento de Golmar

Xoán Manoel Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para a súa contestación no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación a seguinte PREGUNTA:

 

 

 

Varios veciños e veciñas dun dos principias núcleos da parroquia de Golmar, no Igrexario, teñen solicitado desde hai tempo, en moitos casos desde hai máis de seis meses, a conexión das súas vivendas á rede de saneamento, sen que ata o momento se lle teña instalado nen teñan información algunha de cando poderán dispór deste servizo.

 

 

 

 

Por todo isto, o Grupo Municipal do BNG da Laracha formula a seguinte pregunta:

 

 

Ten o goberno municipal da Laracha algunha previsión respecto de cando poderán contar os veciños e as veciñas do principal núcleo da parroquia de Golmar co servizo de alcantarillado?

 

 

 

 

 

 

 

 

A Laracha, 9 de setembro 2008

 

 

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,

Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]