Pregunta sobre o Cemiterio de Lestón

Carolina Castiñeiras Brandón, concelleira do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para a súa contestación no vindeiro Pleno Ordinario da Corporación, a seguinte PREGUNTA:

 

 

 

EXPOSICIÓN:

 

A parroquia de Lestón, co seu núcleo urbano en Paiosaco, é o 2º máis importante en número de habitantes e pouco a pouco continua a medrar como se reflicte no Padrón. Pero a veciñanza atópase con problemas incluso á hora de “deixar este mundo”; xa que a dispoñibilidade de nichos no cemiterio parroquial de Lestón é insuficiente, tanto que moitas familias non tiveron oportunidade de mercar; e non só familias recén instaladas na parroquia senón tamén outras de varias xeracións que sempre viviron alí.

 

O camposanto foi ampliado nos anos 80 pero namentres que algúns veciños mercaron para varias xeracións, outros non chegaron a tempo e agora ven con preocupación como de non cambiar esta situación terán que mercar fóra de Lestón.

 

 

Por todo isto formulamos a seguintes PREGUNTAS:

 

Cal é a posición do Goberno Municipal a respeito deste tema? Pensan adoptar algunha medida para mellorar esta situación e que as veciñas e os veciños da parroquia de Lestón poidan dispór de nichos suficientes?

 

 

 

 

 

A Laracha 19 de maio de 2.008

 

 

 

 

Asdo: Carolina Castiñeiras Brandón

Concelleira do Grupo Municipal do BNG

 

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • Descarga a Pregunta en PDF