O BNG solicita melloras no lugar da Fieira, en Montemaior

Este é o texto íntegro do rogo presentado polo Portavoz Municipal do BNG:

Xoán Manoel Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para o vindeiro Pleno Ordinario da Corporación o seguinte ROGO:


No Lugar da Fieira, en Montemaior, algúns veciños téñennos achegado as súas queixas respecto do mal estado do vial no entorno das súas vivendas, ademais da necesidade de dotalo de recollida de pluviais.

Tamén nos teñen comunicado a existencia dalgunha fosa séptica que está a verquer directamente ás fincas.

 

Así pois, desde o Grupo Municipal do BNG SOLICITAMOS:


A mellora do vial de comunicación co Lugar da Fieira, en Montemaior, a dotación de recollida de pluviais no entorno das vivendas e tamén a solución ás verqueduras realizadas ás fincas desde algunha fosa séptica.

 

A Laracha, 6 de xullo de 2011

 

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,

Portavoz do Grupo Municipal do BNG

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]