O BNG demanda unha sinalización axeitada para os lugares de Cercido e Revirente

Este é o texto do rogo presentado:

Xoán Manoel Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para o vindeiro Pleno Ordinario da Corporación o seguinte ROGO:

 

Na estrada que vai da Laracha a Cerceda, por Coiro e Soandres, entorno ao kilómetro 4, atópase o cruce por onde collemos para ir a Cercido e Revirente. Este cruce non está moi ben sinalizado, pois a única sinal está bastante tapada tanto por algunha edificación (galpón) como por algúns postes e mesmo vexetación.

Tendo en conta que se está a acometer un plan de sinalización desde o Concello (subvencionado pola Deputación da Coruña), entendemos que se debe sinalizar correctamente tamén este cruce, do mesmo xeito que se fixo coa maior parte dos lugares onde xa se abordou este plan (na maior parte do concello).

Por todo isto, desde o grupo municipal do BNG SOLICITAMOS a colocación dunha axeitada sinalización do cruce por onde se vai a Cercido e Revirente, nun lugar que sexa visible.

 

 

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]