O BNG denuncia un verquido de escombros nunha pista da "Gándara", en Torás

Xoán Manoel Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, formula o seguinte ROGO:

Na estrada que vai desde a Gándara cara a Padronelo, á altura da pista que vén desde a estrada Comarcal 552 (a pista que vai pegada á explanada, e que sae da estrada xusto onde hai un dos paneis para a colocación de carteis), hai un camiño que sae xusto enfronte a esta pista (cruzando a devandita estrada da Gándara cara a Padronelo) no que algún desaprensivo estivo a botar cantidades importantes de escombro, ao longo do camiño, a partir duns 200 metros desde onde empeza o mesmo.

É por isto que SOLICITAMOS:

Que se adopten as medidas oportunas para eliminar este verquido de escombros do camiño mencionado.

 

A Laracha, 20 de xullo de 2010

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,

Portavoz do Grupo Municipal do BNG

 

 

 

 



 

 

 

 


 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]