Solicitude de arranxo da pista que vai do lugar do Casal, en Coiro, a Compañeiro, en Soandres

Hai unha pista que vai desde o lugar do Casal, en Coiro, cara a Compañeiro, en Soandres, que é bastante utilizada por moita xente da zona e que se atopa en moi mal estado. Son varios os veciños e veciñas da zona que nos teñen manifestado as súas queixas polo mal estado desta pista, practicamente intransitable.

Consideramos desde o BNG que se debe abordar o arranxo desta pista, pola súa utilidade para moitas persoas da zona que a utilizan a diario, ou poderían utilizala de atoparse nun mellor estado. Entendemos que o goberno municipal debe incluíla nalgún plan, como o POS ou o PEIM, ou ben abordar con fondos propios o seu arranxo.

Así pois, desde o Grupo Municipal do BNG SOLICITAMOS:

Que desde o goberno municipal se aborde a mellora da pista que vai desde o Casal, en Coiro, a Compañeiro, en Soandres, ben sexa con fondos propios ou incluíndoa nalgún dos plans como o POS, PEIM, etc.

 

A Laracha, 9 de outubro de 2009

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]