Rogo solicitando iluminación na "Calle de Cristal"

Mónica Castro Nogareda, Concelleira do Grupo Municipal do BNG da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para o vindeiro Pleno Ordinario da Corporación o seguinte ROGO:

No entorno do Centro de Saúde e a Rúa Santa Lucía, o Concello da Laracha habilitou unha rúa peonil para uso de todos os veciños e veciñas (a coñecida como "Calle de Cristal").

Pero cando se achega o solpor empeza a detectarse unha carencia fundamental que existe nesa rúa, pois non posúe ningún tipo de alumeado público. Isto provoca situacións de inseguridade e abandono, ademáis de supoñer un agravio comparativo cos veciños que viven e traballan nesa rúa, pois a pesares de pagar os seus impostos como os demáis veciños carecen dun servizo tan básico e fundamental.

Desde o Grupo Municipal do BNG pensamos que, cando se habilitan rúas, sobre todo se son de uso peonil, deben ir acompañadas duns elementos mínimos e imprescindíbeis como é o alumeado público. É por iso que SOLICITAMOS:

Que se proceda á instalación do alumeado público correspondente que subsane as precariedades da rúa e da xente que fai uso dela.

 

A Laracha, 16 de xullo de 2009

Asdo.: Mónica Castro Nogareda

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]