Rogo para que se repoboe con árbores autóctonos a Área Recreativa de Gabenlle
Xoán Manoel Sande Muñiz, concelleiro do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para o vindeiro Pleno Ordinario da Corporación o seguinte ROGO:
Na Área Recreativa de Gabenlle, entendemos desde o grupo municipal do BNG que existen poucas zonas de sombra e poucas árbores de ribeira, polo que entendemos que se debera repoboar con árbores autóctonas típicas das zonas de ribeira.
O mesmo ao longo do paseo fluvial, onde se atopan moitas zonas nas marxes do río nas que non hai suficiente vexetación e nas que se fai necesario tamén repoboar con árbores de ribeira.
Por todo isto, desde o grupo municipal do BNG SOLICITAMOS que se repoboe con árbores autóctonas típicas das zonas de ribeira, tanto na Área Recreativa de Gabenlle como nas beiras do río ao longo do paseo fluvial.
A Laracha, 29 de abril de 2008
Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,
Concelleiro do Grupo Municipal do BNG