Rogo para que se subsane un desnivel dunha beirarúa na Avenida de Caión
Xoán Manoel Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para o vindeiro Pleno Ordinario da Corporación o seguinte ROGO:
Na Avda. de Caión, do núcleo urbano da Laracha, baixando cara a Torás, antes de chegar á igrexa e o cemiterio vello, atopamos un tramo de beirarrúa (baixando á man dereita), no que existe unha diferencia de altura importante entre a beirarrúa e a leira colindante coa mesma (como se pode apreciar nas fotos que adxuntamos).
Consideramos desde o BNG da Laracha que se trata dunha situación de risco que pode ocasionar algunha caída con consecuencias para as persoas, e así nolo teñen manifestado tamén algúns veciños e veciñas, polo que entendemos que desde o goberno municipal se debe adoptar algunha medida ao respecto, como instar ao propietario da leira a rechear a mesma ata igualar a súa altura coa da beirarrúa, ou senón colocar unha “barandilla” ou algo similar.
Por todo isto, o Grupo Municipal do BNG SOLICITA que se adopten as medidas oportunas para correxir esta situación e dese xeito evitar que unha posible caída dalgunha persoa neste tramo de beirarrúas poida ter unhas consecuencias moi negativas.
A Laracha, 7 de xullo de 2009
Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,
Portavoz do Grupo Municipal do BNG