Rogo para a mellora do servizo do "Punto Limpo"

Mónica Castro Nogareda, Concelleira do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para o vindeiro Pleno Ordinario da Corporación o seguinte ROGO:
 
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
 
            Ninguén pon en dúbida a utilidade e necesidade de contar na Laracha co actual punto limpo onde se deben depositar, clasificar e separar, para o seu futuro tratamento e reciclaxe, todos aqueles residuos que pola súa especial natureza non poden depositarse nos colectores convencionais de uso doméstico.
 
            Pero dende o BNG da Laracha consideramos que o goberno municipal debe promover o seu uso e proporcionar e por a disposición de toda a cidadanía medios para que poidan facer bo uso de el, como facilitarlle aos cidadáns o transporte deste residuos ata o punto limpo e inclusive estendendo este uso para tamén recoller outro tipo de residuos non específicos dos puntos limpos, como as biomasas, para dende alí xestionar o seu futuro uso.
 
 
Así pois, desde o Grupo Municipal do BNG SOLICITAMOS:
 
Que desde o goberno municipal se inicie e poña en marcha un sistema de recollida a domicilio e transporte destes residuos, que non poden ser tratados de xeito convencional, para así fomentar e potenciar dende o concello os bos usos ecolóxicos da reciclaxe
 
 
 
 
 
A Laracha, 22 de maio de 2009
 
 
 
Asdo.: Mónica Castro Nogareda,
Concelleira do Grupo Municipal do BNG

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]