Rogo para que se arranxe o parque infantil do Colexio Ramón Otero Pedrayo

Xoán Manoel Sande Muñiz, concelleiro do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para o vindeiro Pleno Ordinario da Corporación o seguinte ROGO:

 

 

            No parque infantil que se atopa no recinto do Colexio Otero Pedrayo pódense ver algúns elementos do mesmo que se atopan bastante deteriorados e que, na nosa opinión, requiren a súa reposición.

 

Por outra banda, tamén hai unha fonte neste parque infantil que está inutilizada, xa que é un modelo de fonte moi fácilmente manipulable e así foi que quedou inutilizada para o seu uso ao pouco tempo da súa instalación, e consideramos desde o BNG que habería que cambiala, poñer outra fonte cun sistema de pulsador ou algo similar (semellante á fonte que hai na zona do “colexio novo”) que non sexa tan sinxela de manipular e inutilizar.

 

 

 

Por todo isto, desde o Grupo Municipal do BNG SOLICITAMOS:

 

 

            O cambio dos elementos deteriorados do parque infantil do Colexio Otero Pedrayo, e a instalación no mesmo dunha nova fonte diferente á que hai na actualidade que está inutilizada, unha fonte que non poida ser inutilizada tan sinxelamente (similar á existente na zona do “colexio novo”.

 

 

 

 

 

 

A Laracha, 16 de abril de 2008

 

 

 

 

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,

Concelleiro do Grupo Municipal do BNG

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • Pica aquí para ver o rogo en PDF