Rogo sobre a mellora nun cruce da Rúa Santa Lucía

 
 
 
Mónica Castro Nogareda, Concelleira do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para o vindeiro Pleno Ordinario da Corporación o seguinte ROGO:
 
EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:
 
Saíndo da Laracha pola rúa Santa Lucía en dirección a estrada “A Laracha – A Silva” atopámonos a intersección entre as rúas Eusebio Bertoa Queijo e a propia rúa Santa Lucía.
           
            Dende o BNG da Laracha atopamos moi exiguo e insuficiente tanto a sinalización da rede viaria como a propia infraestrutura e disposición do vial polo que os mecanismos cos que contan tanto peóns coma condutores para facer un uso adecuado e responsable da vía son moi deficientes e son fonte de situacións caóticas no tráfico que teñen xa ocasionado algún tipo de incidentes e altercados no fluxo normal da vía, aínda que por fortuna de momento foron de pouco envergadura
 
 
Así pois, desde o Grupo Municipal do BNG SOLICITAMOS:
 
Que dende o goberno municipal se tomen as medidas pertinentes para acondicionar de forna axeitada a intersección entre as rúas Eusebio Bertoa Queijo e a rúa Santa Lucía
 
 
 
 
 
A Laracha, 22 de maio de 2009
 
 
 
Asdo.: Mónica Castro Nogareda,
Concelleira do Grupo Municipal do BNG
 

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]