Rogo sobre verquidos incontrolados en Montemaior e A Laracha

Xoán Manoel Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da
Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais,
presenta para o vindeiro Pleno Ordinario da Corporación o seguinte ROGO:
Na parroquia de Montemaior, na pista que vai desde perto da granxa de porcos ata
pasar o aeroxerador eólico (no entorno do monte Baldomir), atopamos algún verquido de
escombro, un colchón e outro lixo tirado na beira da pista. Por outra banda, por enriba desta mesma
pista botouse escombro, supoñemos que escombro tratado debidamente, mais o certo é que ao longo
da pista pódense ver en varios lugares pedras excesivamente grandes, como se pode apreciar nas
fotos que adxuntamos.
Por outra banda, no casco urbano da Laracha, en concreto na rúa Paiosaco -ao lado da
Galescola- atopamos tamén outro vertedoiro incontrolado con escombro alí tirado e outros restos de
lixo, como se pode apreciar tamén na foto adxunta.
Por todo isto, SOLICITAMOS:
Que desde o goberno municipal se adopten as medidas oportunas para eliminar estos
vertedoiros incontrolados, e tamén que se retiren as pedras excesivamente grandes que se
atopan ao longo da pista mencionada.
A Laracha, 20 de marzo de 2009
Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,
Portavoz do Grupo Municipal do BNG

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]