Rogo para a retirada de Pneumáticos do leito do Río Anllóns

Carolina Castiñeiras Brandón, concelleira do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para o vindeiro Pleno Ordinario da Corporación o seguinte ROGO:

 

 

O paseo fluvial de Gabenlle foi construido co obxetivo non só de crear un espacio de esparexemento nun entorno natural, senón tamén para contribuir a rexeneración do Rio Anllóns.

Sen embargp, nestes días nos que o caudal do río é baixo, pódese observar a simple vista uns obxetos que, dende logo, non pertencen ó ecosistema fluvial.

Trátase duns neumáticos, que algún desaprensivo fixo o esforzo que carrexar ata alí e que ademáis, sabemos, xa levan tempo.

 

                       

 

 

           

            Por todo isto, SOLICITAMOS:

Que os neumáticos depositados no leito do Río Anllóns, ó seu paso polo paseo fluvial de Gabenlle sexan retirados coa maior brevedade posible.

 

           

 

 

 

 

 

 

A Laracha, 22 de setembro de 2008

 

 

 

 

Asdo.: Carolina Castiñeiras Brandón,

Concelleira do Grupo Municipal do BNG

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • Descarga o rogo en PDF