Rogo para a creación dun "Servizo Municipal de Normalización Lingüística"

Carolina Castiñeiras Brandón, concelleira do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para o vindeiro Pleno Ordinario da Corporación o seguinte ROGO:

 

 

            Desde o BNG da Laracha levamos moito tempo demandando a necesidade de normalizar lingüísticamente este concello, é dicer, a necesidade de que se elabore un verdadeiro “Plano de Normalización Lingüística Municipal” e que se leve á práctica, para o que será necesaria a creación dun “Servizo de Normalización Lingüística”, coa contratación do persoal titulado necesario para realizar ese labor. Consideramos que é necesario facer ese traballo de adaptar todos os documentos, sellos (como por exemplo o utilizado para as compulsas que está en castelán), etc., poñer toda a documentación tanto interna como externa en galego e cos topónimos correctos, ademáis de facer un traballo de campo con respecto a toda a sinalización, e por suposto outro tipo de traballo fundamental encamiñado ao fomento do uso do noso idioma, etc.

 

Ademáis, para a posta en marcha deste servizo pódense solicitar subvencións tanto da Deputación como da Xunta de Galiza.

           

 

 

           

            Por todo isto, SOLICITA:

 

 

            A creación dun “Servizo Municipal de Normalización Lingüística” que será o encargado de elaborar e poñer en marcha un verdadeiro “Plano de Normalizacion Lingüística Municipal”.

 

 

 

 

 

 

A Laracha, 23 de xullo de 2007

 

 

 

 

Asdo.: Carolina Castiñeiras Brandón,

Concelleira do Grupo Municipal do BNG

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • Descarga o rogo en PDF