Rogo sobre melloras no paseo fluvial

Xoán Manoel Sande Muñiz, Portavoz do Grupo Municipal do BNG no Concello da Laracha, ao abeiro do Regulamento de Organización e Funcionamento das Entidades Locais, presenta para o vindeiro Pleno Ordinario da Corporación o seguinte

ROGO:

O paseo fluvial constuído na beira do río Anllóns, desde Gabenlle ata o Formigueiro, é unha
infraestrutura moi utilizada, son moitas as persoas que acoden ao mesmo e pensamos desde o BNG
que é un recurso moi positivo para todas as larachesas e laracheses e tamén as persoas que nos
visitan, mais tamén consideramos que se podería aproveitar algo máis, e que ademáis de poder
pasear, as persoas tamén poderían recibir información relativa á flora e a fauna da zona, tamén á
toponimia, aos nomes dos lugares por onde pasan ao longo do río.

Así mesmo, tamén consideramos que sería moi bo incluír nalgunha zona do paseo, que sexa
espaciosa (podería ser na zona de descanso perto de Leborís, por exemplo), algúns aparatos para
que as persoas poidesen facer exercicio físico, fundamentalmente para as persoas maiores. Trátase
dunha infraestrutura cun escaso custe económico, e que pode vir moi ben sobre todo ás persoas
maiores (aparatos como os que hai, por exemplo, nalgún punto do paseo fluvial de Carballo.
Por todo isto, o Grupo Municipal do BNG SOLICITA que desde o goberno municipal se
adopte a decisión de instalar os seguintes equipamentos no paseo fluvial do río Anllóns:

− Sinalización da flora e a fauna do entorno.

− Sinalización da toponimia das distintas zonas ao longo do río.

− Aparatos para a práctica de exercicio físico nalgunha zona espaciosa do paseo.

 

A Laracha, 7 de novembro de 2008

 

Asdo.: Xoán M. Sande Muñiz,
Portavoz do Grupo Municipal do BNG

 

facebook  twitter  digg  technorati  yahoo  meneame 
[Imprimir]  |  [Enviar e-mail]

Arquivos para descargar


  • Pica aquí para descargar o rogo en PDF